Ana Rivera e Mirian Ruiz completan a rolda de renovacións no Poio Pescamar
Por Redacción
Aínda queda moito por diante para comezar a próxima tempada deportiva, pero no Poio Pescamar traballan con paso firme na composición do plantel que dirixirá Manu Cossío.
O conxunto conserveiro foi avanzando ao longo da semana as negociacións coas xogadoras que pretendía reter no proxecto, e asegurou xa a continuidade de sete delas.
En concreto, ás anunciadas inicialmente de Carol Agulla e Antía Pérez, que xa tiñan asegurado un ano máis de contrato, fóronselle unindo Caridad e Silvia Aguete na portería e por último a brasileira Daniella Sousa.
Agora, a primeira rolda de renovacións pechouse con dúas das xogadoras que menos tempo levan en Poio pero das que se espera moito, como a ala-pívot internacioknal Ana Rivera xunto á ex-futbolista do Jimbee Roldán murciano Mirian Ruiz.
Con estes movementos as vermellas garántense a continuidade de gran parte do núcleo duro do equipo, á espera do que poida suceder cos casos de Clara ou Anna Escribano, coas que aínda non se chegou a un acordo para continuar.
Relacionadas:
-
Iraia Arbeloa, segunda fichaxe do Poio Pescamar
Por Redacción |
-
Luci, unha campioa de liga e de Europa como primeira fichaxe do Poio Pescamar
Por Diego Espiño |
-
A RFEF profesionaliza a primeira división do fútbol sala femenino, un paso adiante para o Poio Pescamar
Por Manu Otero |
-
O Poio Pescamar blinda a súa portería para a próxima campaña
Por Manu Otero |
-
Antía Pérez, do Poio Pescamar, preparada para volver á cancha tras a súa operación de xeonllo
Por Redacción |
-
Iria Saeta, primeira saída nun Poio Pescamar que empeza a planificar a próxima tempada
Por Diego Espiño |