O Leis amplía unha tempada máis o contrato do seu adestrador Mikel Diestro
Por Redacción
A tempada para o Leis Pontevedra aínda non está finalizada, pero a directiva xa traballa na planificación do futuro do equipo. A falta de disputarse o ascenso a Segunda División, o cadro lerezano acaba de facer oficial a renovación do seu adestrador, Mikel Diestro, para a próxima tempada.
O técnico bilbaíno cumprirá o próximo curso a súa terceira tempada á fronte do primeiro equipo do Leis. Unha etapa na que o crecemento do equipo tanto no plano deportivo como estrutural son motivo máis que suficiente para ofrecerlle a ampliación do seu contrato. "Como director metodolóxico da Academia Leis consolidou un proxecto que fai do equipo pontevedrés un referente do fútbol sala no sur de Galicia", destacan desde a directiva.
Coa chegada de Diestro ao Leis, a directiva fixouse como obxectivo a medio prazo conseguir o ascenso de categoría, algo que o equipo ten agora ao seu alcance despois de concluír a tempada regular, finalizada de forma prematura pola pandemia do Covid-19, en segunda posición.
Relacionadas:
-
O Leis Pontevedra, preocupado polas lesións no regreso aos adestramentos
Por Almu Dapena |
-
Alfonso Fernández Paz adestrará ao primeiro equipo feminino do Leis
Por Redacción |
-
A Federación Española de Fútbol pon data posible aos play-off de Arosa, O Fisgón e Leis
Por Redacción |
-
O Leis despide o ano en postos de play-off
Por Redacción |
-
O Leis presenta a Mikel Diestro como novo adestrador e fixa no ascenso o seu obxectivo "a medio plazo"
Por Diego Espiño |