O RallyMix Cuntis e a II Subida a Marín, únicas probas automobilísticas da comarca que se manteñen no calendario
Por Redacción
A crise sanitaria polo coronavirus estivo obrigando a cancelar probas automobilísticas e eventos deportivos, con todo, tal e como trasladou a Federación Galega de Automobilismo coa publicación do calendario de competición actualizado, hai algunhas competicións que se salvaron e está previsto que se disputen.
Desta maneira, dentro da comarca tan só mantéñense dúas probas. Trátase do RallyMix Cuntis Vila Termal, primeira proba automobilística suspendida cando se decretou o estado de alarma; e a II Subida a Marín, aínda que dende o Concello sinalan que todavía non é algo confirmado 100%.
O RallyMix Cuntis celebrará a súa cuarta edición os días 11-12-13 de setembro, nun campionato galego que estará completado polas probas de Porriño, Barbadás e Touro, únicas probas de RallyMix que se disputarán este ano.
En canto á II Subida a Marín, tería lugar os días 18-19-20 de setembro, completándose o certame autonómico de montaña coas subidas a Saleta, Oia, Taboadela e Dumbría.
Pola súa banda, dentro das probas que foron canceladas e aprazadas para 2021 se encuentra la Subida Cidade de Pontevedra, que se suma ás da Escusa e Ponte Caldelas aprazadas esta semana.
Algunhas das competicións que si está previsto que se celebren en Galicia son, entre outras: o Rally do Cocido (Lalín, 7-8-9 de agosto), o Rally Rías Baixas (Vigo, 4-5-6 de setembro), o San Froilán (16-17-18 de outubro) ou o Rally Botafumeiro (Santiago, 11-12-13 de decembro).
Relacionadas:
-
Aprazada definitivamente ata 2021 a cuarta edición do RallyMix de Cuntis
Por Diego Espiño |
-
As subidas automobilísticas da Escusa e Ponte Caldelas, aprazadas ata 2021
Por Diego Espiño |
-
Suspendida a III Subida a Cerdedo-Cotobade prevista para principios de agosto
Por Redacción |
-
O aprazamento do RallyMix de Cuntis completa a suspensión de todo o deporte na área de Pontevedra
Por Redacción |