Dani López, o seguinte en renovar e aceptar o reto de Asobal co Cisne
Por Redacción
Aínda queda moito para o seu debut. Non se sabe nin sequera en que formato estruturarase a liga. Pero o Club Cisne vai confirmando aos poucos os nomes do equipo que lle representará no seu debut na máxima categoría do balonmán nacional.
O terceiro xogador en pechar a súa continuidade cos pontevedreses e apuntarse así ao reto de xogar na Liga Asobal foi Dani López.
Tras as renovacións de Álvaro Prezado e Jose Leiras, ademais da do corpo técnico, agora tocoulle a quenda a outro home que leva moitos anos na estrutura do club.
Para o extremo dereito "é un orgullo e unha honra poder xogar en Asobal no que equipo no que levo xogando practicamente toda a vida", sinalou.
Será unha tempada que, aos seus 20 anos, afrontará cunha máxima ilusión e na que "espero poder facer gozar á afección cisneísta, á que imos necesitar máis que nunca", explicou tras confirmarse a súa continuidade.