Preto de 60 vehículos competirán os días 10 e 11 na XVI Subida Cidade de Pontevedra
Por Diego Espiño
Marcón acollerá o próximo sábado 10 de agosto e domingo 11 a XVI edición da Subida Cidade de Pontevedra de automobilismo.
Toño Varela: "chegan cinco ou seis pilotos con opcións a vitoria, será un bo espectáculo"
A organización espera contar con preto de 60 vehículos nas diferentes categorías, entre as que destaca a sempre espectacular proba do Campionato Galego de Montaña, máis aberta que nunca segundo o seu actual campión Toño Varela: "chegan cinco ou seis pilotos con opcións a vitoria, será un bo espectáculo".
Ao igual que en pasadas edicións o parque pechado quedará instalado no Recinto Feiral, tendo o tramo de competición cronometrado saída no Carrasco e chegada no Polígono do Campiño.
Dende a organización David Brea, director de carreira, aproveitou a presentación da carreira para pedir colaboración aos afeccionados que se acheguen a ver a competición en busca dunha maior seguridade: "queremos hacer un llamamiento a la gente para que haga caso a la organización y que se coloque en lugares seguros".