Aprazada a 2021 a travesía a nado entre Ons e Combarro polo coronavirus
Por Redacción
Os organizadores do campionato de natación de longa distancia Tripla Corona Illas Atlánticas acordan a suspensión da travesía entre Ons e Combarro prevista para o 5 de setembro deste ano, que queda aprazada ata o mesmo mes do próximo ano.
Este campionato de natación de longa distancia en augas abertas consistente en tres travesías tiña previsto pechar coa proba na ría de Pontevedra a súa segunda edición. Despois de celebrar no 2018 a primeira etapa consistente nun percorrido de 15 quilómetros entre Cíes e Baiona e no 2019, outra entre Sálvora e O Grove, este ano estaba previsto clausurarse o campionato coa proba máis longa. 23 quilómetros separan Ons de Combarro que terá que celebrarse o próximo ano se as circunstancias o permiten.
"A seguridade é o noso principal obxectivo. No actual estado de alarma, nunha situación de gran incerteza ao non saber cando se poderá retomar a celebración de eventos deportivos, en que condicións e con que protocolos de sanidade, sumado á posibilidade de futuros rebrotes, consideramos que aprazar a proba a 2021 é o máis prudente nestes momentos", explica Beatriz Alvariño, directora da organización da Tripla Corona Illas Atlánticas.
O estado físico dos participantes, que polo estado de alarma non puideron preparar unha proba tan esixente de máis de oito horas de duración, foi outra das razóns que contribuíron á decisión de suspendela.
As restricións á mobilidade tamén pesaron na decisión final, pois hai 105 nadadores nacionais e internacionais que han finalizados as dúas primeiras etapas. "Queremos que todos os participantes teñan as mesmas posibilidades de participar e saian da Illa de Ons en igualdade de condicións para conseguir a súa terceira coroa e completar o 57 km en tres anos”, remata Beatriz Alvariño.
Actualmente, o nadador ourensán Alberto Taboada Vila encabeza a clasificación masculina provisional e a biscaíña Andrea da Hera, lidera o ranking feminino ademais de ser cuarta no absoluto.
Con todo, a última proba podería modificar estas clasificacións porque esta travesía, polas dificultades que entraña a ría de Pontevedra como a temperatura da auga, as correntes en contra da dirección da carreira, o vento e a ondada; convértena nunha das máis duras de España.
Relacionadas:
-
120 deportistas nadarán este sábado desde Ons a Combarro
Por Redacción |
-
A travesía a nado entre Ons e Combarro abre inscricións cun límite de 120 prazas pola covid
Por Redacción |
-
A Tripla Coroa Illas Atlánticas pon data á travesía aprazada entre Ons e Combarro: 4 de setembro de 2021
Por Redacción |
-
O vento obriga a recortar a travesía a nado entre Sálvora e O Grove: Kimbo Vallejo e Andrea de las Heras, gañadores
Por Redacción |
-
Máis de 160 nadadores competirán na Triple Coroa Illas Atlánticas
Por Almu Dapena |
-
Unha travesía a nado entre Sálvora e O Grove será a segunda cita da Triple Coroa Illas Atlánticas
Por Redacción |
-
Hugo Ribeiro e Rebeca Santos, vencedores da travesía a nado entre Sálvora e Vilagarcía
Por Redacción |
-
Máis dun cento de nadadores para o reto final da Tripla Coroa Illas Atlánticas
Por Redacción |
-
Unha travesía a nado unirá en setembro a illa de Sálvora con Vilagarcía
Por Alejandro Espiño |
-
28 quilómetros a nado entre Sálvora e Vilagarcía completarán a Triple Corona Illas Atlánticas
Por Redacción |