Suspenden a etapa de Cerponzóns, segunda do programa Ponteandadas 2020
Por Redacción
As medidas de prevención previstas nos plans de desescalada pola pandemia do Covid-19 decretadas polo Goberno seguen obrigando a cancelar ou aprazar eventos. A última suspensión en Pontevedra é a andaina prevista para o 24 de maio pola parroquia de Cerponzóns encadrada no programa municipal Ponteandadas 2020.
O concelleiro responsable deste departamento, Tino Fernández, indicou que os organizadores da iniciativa transmitíronlle a súa intención de enviarlle unha nova proposta de datas para a celebración destas saídas así como un borrador cun estrito protocolo de seguridade.
Con anterioridade, a concellería de Deportes viuse obrigada a suspender outros dous eventos deste programa como a andaina inaugural fixada para o 15 de marzo entre Bora e Mourente ou a conferencia sobre 'Deporte a calquera idade' do 18 de abril incluída no ciclo de charlas de vida saudable.
Relacionadas:
-
Regresan as Ponteandadas tras o parón da pandemia
Por Mónica Patxot & María José Pita |
-
A terceira etapa de Ponteandadas, tamén suspendida polo coronavirus
Por Redacción |
-
A primeira charla sobre vida saudable do programa Ponteandadas, aplazada polo estado de alarma
Por Redacción |
-
Suspenden a primeira andaina de Ponteandadas prevista para este domingo atendendo as recomendacións sanitarias
Por Redacción |
-
Ponteandadas regresa en 2020 cun circuíto de 5 roteiros
Por Redacción |