Máis de 2 millóns de euros para os equipos galegos de Alta Competición
Por Redacción
A Fundación Deporte Galego da Secretaría Xeral para o Deporte vén de abrir o prazo de solicitudes para participar na undécima edición do Plan de Patrocinio dos Equipos de Alta Competición, tal e como informou este venres a Xunta de Galicia.
Trátase dunha primeira parte dun plan que vai dirixido ás entidades galegas que contan con equipos que competiron en modalidades ou especialidades deportivas de máximo nivel estatal, en categoría absoluta ou sénior, ou previa á absoluta, durante as xornadas celebradas entre 2019 e 2020.
En total foron convidados un total de 99 equipos (48 femininos, 47 masculinos e 4 mixtos) das modalidades de baloncesto, balonmán, baloncesto en cadeira de rodas, fútbol, fútbol sala, hóckey herba, hóckey patines, rugby, voleibol, tenis de mesa, hóckey liña, bádminton, espada e florete.
O prazo de presentación de solicitudes desta primeira fase é do 15 ao 24 de maio e terá unha contía de máis de 2 millóns de euros debido á colaboración da Xunta de Galicia e co patrocinador oficial, ABANCA.
Pola súa banda, na segunda fase do plan, que comezará nos vindeiros meses, a Xunta estima que outros 113 equipos galegos de alto nivel sexan convidados a participar deste plan da Secretaría Xeral para o Deporte.
Relacionadas:
-
Nove equipos da área de Pontevedra benefícianse do plan de patrocinio da Fundación Deporte Galego
Por Redacción |
-
O Concello ponse ao día no pago das axudas para as escolas deportivas municipais
Por Redacción |
-
A RFEF reparte 5,5 millóns entre os clubs de Segunda B e Terceira
Por Redacción |
-
A Deputación adianta case 3 millóns de euros en axudas deportivas
Por Redacción |