José Antonio Moreira reforza o centro do campo do Pontevedra
Por Redacción
O Pontevedra Club de Fútbol confirmou a contratación do futbolista José Antonio Moreira, que chega á casa granate para reforzar o centro do campo do equipo adestrado por Nando.
Moreira, centrocampista de 24 anos natural de Carballo, chega procedente do Celta B, onde militou a última tempada na Terceira División despois de formarse no Bergantiños e pasar polas filas de Montañeros e Cerceda, equipo no que coincidiu co actual técnico granate.
A contratación de Moreira non pecha o capítulo de altas no Pontevedra, que busca aínda reforzarse polo menos en tres posicións cun lateral esquerdo, un centrocampista e un dianteiro.