O Pontevedra B gaña o triangular contra o Marín e o Villalonga
Por Redacción
O Pontevedra B levouse a casa o triangular disputado no campo de San Pedro contra o anfitrión, o Marín, e o Villalonga.
Os de Marín encaixaron un gol en propia meta fronte ao Pontevedra B, 0-1. Os outros dous encontros remataron en empate Marín-Villalonga (1-1) e Villalonga-Pontevedra B (0-0).
Menos mal que o resultado era o de menos e tan só se trataba de dar minutos a todo o equipo.
A mala noticia foi a lesión do xogador do Villalonga, Manu, que se rompeu o quinto metatarsiano dun pé nunha acción fortuíta. Ten para tres meses de baixa.
O Marín, que esta tempada adestra Fran Blanco, recibirá este próximo mércores, a partir das 21.00 horas, o Portonovo. E o domingo día 11 ás 19.00 horas, disputa do Trofeo Vila de Marín contra o Pontevedra e o Choco, ambos os dous de Terceira División.
Pola súa banda o Villalonga recibe este domingo (19.30 horas) a un Unión Grove.