A RFEF reparte 5,5 millóns entre os clubs de Segunda B e Terceira
Por Redacción
A Real Federación Española de Fútbol fixo público este martes a transferencia de 5.453.700 euros correspondentes ao terceiro prazo do programa Impulso 23 do que se benefician todos os clubs de Terceira e Segunda División B, entre eles o Pontevedra Cf e o Arosa SC.
Os fondos foron enviados ás correspondentes federacións territoriais que se encargarán a continuación de reembolsarlle a cada club a cantidade acordada. Estes fondos forman parte dun programa desenvolvido pola RFEF que ten como obxectivo a profesionalización dos clubs do fútbol afeccionado español e ofrecer as axudas económicas necesarias para a mellora dos medios e as estruturas dos propios clubs para dispoñer dunhas competicións do máximo nivel profesional e deportivo.
Ao conxunto granate correspóndenlle 60.000 euros en concepto de impulso á profesionalización, ademais de 40.000 euros para o fomento da base, 12.000 euros como contraprestación polos desprazamentos e 35.000 euros pola disputa da Copa do Rei. Mentres que o equipo vilagarcián percibirá un total de 45.000 euros.
Nun comunicado, a federación española sostén que con este pago a entidade dá por cumprido o seu compromiso de "abonar o terceiro prazo dos pagos de Impulso 23 aos clubs que na data sinalada han xustificado a totalidade das cantidades outorgadas pola Federación". Na resolución oficial, só figura a transferencia de 60.000 euros á entidade que preside Lupe Murillo, que tiña pendente de presentar a documentación pertinente para a realización dos outros ingresos que o documento da RFEF, do mesmo xeito que a maioría de clubs da categoría, non especifica se xa se efectuou,
Relacionadas:
-
O Pontevedra recibe unha axuda de 108.450 euros de la RFEF
Por Manu Otero |
-
Máis de 2 millóns de euros para os equipos galegos de Alta Competición
Por Redacción |
-
A Segunda División B, nunha encrucillada
Por Diego Espiño |
-
A Federación Española adiantará 4 millóns aos clubs de Segunda B, Terceira e Fútbol Sala
Por Redacción |
-
O Pontevedra recibirá 147.000 euros da Federación Española
Por Diego Espiño |