O atletismo galego apúntase ás charlas informativas 'online'
Por Redacción
A crise sanitaria provocada pola irrupción do coronavirus trouxo consigo moitas dúbidas aos deportistas e clubs, nun momento de moita incerteza.
Ante esta situación a Federación Galega de Atlejtismo organizou unha serie de encontros virtuais con profesionais especializados en direferentes aspectos como a economía, a saúde, a xestión ou a planificación.
O encargado de inaugurar estas charlas será o responsable dos servizos xurídicos da federación deportiva autonómica, Rafael Alonso.
Segundo explica a Federación, está previsto que Alonso fale de aspectos relacionados coas consecuencias económicas da pandemia en clubs, adestradores e deportistas, e como as medidas excepcionais aprobadas polo Goberno poden afectar os procedementos administrativos.
O ciclo de charlas celebrarase cada venres ás 20:30 horas a través do Facebook Live da Federación Galega de Atletismo, e nelas será posible expor dúbidas e preguntas a cada un dos participantes.
Relacionadas:
-
Pontevedra, convidada as charlas telemáticas 'Fagamos do Tríatlon un Deporte Seguro' que organiza a FETRI
Por Redacción |
-
O confinamento é equiparable a "unha lesión común para todos de longa duración", asegura Santiago Ferrer
Por Diego Espiño |
-
O atletismo español exponse xa dar por perdida toda a tempada
Por Redacción |
-
O atletismo autonómico prolonga "ata novo aviso" a suspensión de todas as súas competicións
Por Redacción |