
© Grupo Deportivo Supermercados Froiz
4 horas de rodete ao día e unha alimentación moi coidada, así son os adestramentos do Supermercados Froiz

Por Almu Dapena
Os adestramentos non cesan para os ciclistas do Froiz e, da mesma maneira que o resto de deportistas, continúan coa súa actividade mentres están confinados nas súas casas debido ao estado de alarma decretado pola expansión do COVID-19.
Aínda que non poden saír á estrada para adestrar, están a realizar traballo de rodete. "É moi diferente. Realizan dúas sesións de dúas horas cada unha, unha pola mañá e outra pola tarde", explicou Evaristo Portela, director do Froiz.
O fundamental para el, é que os deportistas non se descoiden fisicamente, por iso traballan a alimentación e para non coller peso e así chegar en boa forma ao final da corentena. Tamén realizan moito traballo mental "eles queren adestrar na estrada pero hai que aceptar a realidade", por iso mantense en contacto co equipo a través de chamadas e asegúrase de que todos estean ben.
Portela está "encantado" con eles, é un equipo "serio e disciplinado" e saben que fai falta tranquilidade e paciencia ata que todo regrese á normalidade, pero mentres iso non pase hai que seguir traballando, "é a nosa obrigación".
En canto ás expectativas de futuro, o seu obxectivo é que o equipo salga o mellor preparado cando se regrese á normalidade. "Vai ser algo novo e diferente, pero teremos un mes de adaptación antes de volver competir", comentou.
Aínda que a situación é diferente á de hai uns meses, o director do Froiz está "moi contento" tanto pola actitude dos corredores como coa atención dos sponsors, xa que, en parte grazas a eles, poden "cumprir mensualmente cos soldos, igual que están a facer o resto de equipos a nivel nacional", explicou.
Coa tempada sen terminar e con todo o ano por diante, o primordial para Portela "é a saúde, antes que os premios e as carreiras", pero espera que pronto se diga unha data para volver á competición, xa que a Volta a Galicia estaba fixada para setembro pero alongarase ata novembro, igual que o resto de competicións profesionais.
Relacionadas:
-
Batalladora estrea competitiva do Froiz na Volta a Zamora, con liderado incluído
Por Redacción |
-
O Froiz elixe formación para regresar á competición en Zamora
Por Redacción |
-
Test de rendemento no Froiz como paso previo á volta á competición
Por Redacción |
-
O Supermercados Froiz concéntrase en Manzaneda para preparar o inminente regreso das carreiras
Por Redacción |
-
A Volta Ciclista a Zamora, proba de lume para o Froiz tras o confinamento
Por Almu Dapena |
-
VÍDEO.- Humor no supermercado, acción contra o coronavirus
Por Anxo Lourido |
-
A Xunta baralla a opción de que o deporte base se retome no último trimestre do ano
Por Redacción |
-
Os adestramentos virtuais, unha ferramenta máis para os triatletas pontevedreses
Por Diego Espiño |
-
Unha caída no pelotón aparta ao Froiz da loita pola vitoria na segunda proba da Copa de España
Por Redacción |
-
O Circuito do Guadiana resísteselle ao Froiz no inicio da Copa de España
Por Redacción |