A primeira charla sobre vida saudable do programa Ponteandadas, aplazada polo estado de alarma
Por Redacción
A concellería de Deportes, Actividade Física e Saúde de Pontevedra viuse obrigada a aprazar o relatorio inaugural das Charlas sobre Vida Saudable que ía celebrarse o proximo sábado 18 de abril na Casa da Luz.
O motivo do aprazamento é a crise sanitaria do COVID-19 que se está vivindo nestes momentos, polo que a organización tomou a decisión de anular a charla 'Deporte a calquera idade' enmarcada nas actividades de Ponteandadas, e súmase á cancelación da primeira das cinco camiñadas contempladas para este ano, a de 12 quilómetros nas parroquias de Mourente e Bora.
Polo momento, este primeiro relatorio queda aprazada sen data fixa e forma parte dunha serie de tres charlas que en principio van celebrarse: a de 'Recomendacións e consellos para un adestramento moderado' e 'Fisioterapia e alimentación saudable', que están previstas para o 27 de xuño e o 17 de outubro respectivamente.
En canto á suspensión e cancelación dos eventos de Ponteandadas, o concelleiro de Deportes, Tino Fernández, fai fincapé en que "o primeiro é a saúde e xa haberá tempo dabondo para gozar destas camiñadas sen perigo".
Así mesmo, lembra que o roteiro previsto para o 24 de maio na parroquia de Cerponzóns e con punto de encontro na igrexa de San Vicente, mantense á espera de ver como se desenvolve a situación de alarma.
Relacionadas:
-
A terceira etapa de Ponteandadas, tamén suspendida polo coronavirus
Por Redacción |
-
Suspenden a etapa de Cerponzóns, segunda do programa Ponteandadas 2020
Por Redacción |
-
Suspenden a primeira andaina de Ponteandadas prevista para este domingo atendendo as recomendacións sanitarias
Por Redacción |
-
Ponteandadas regresa en 2020 cun circuíto de 5 roteiros
Por Redacción |