A aleiro do Celta de Vigo, María González Centeno, ficha polo Arxil
Por Redacción
ÿ unha das xoias da canteira viguesa, cun curriculum envexable no que se acumulan campionatos galegos, campionatos de España, participación en seleccións galegas e seleccións nacionais en categorías inferiores, coas que foi campioa de Europa. Xogadora que participou en Liga feminina na súa primeira tempada sénior, sendo campioa da Copa Galicia na tempada 2009/10, título que repetiría na 2011/12. María González Centeno, que comezou a súa andaina no baloncesto no Compañía de María de Vigo, para pasar despois ao Celta, agora cambia de aires fichando polo Arxil.
Con 20 anos de idade, na súa última tempada en Liga Feminina 2 xogou unha media de 18 minutos con 53 segundos, anotando 4,3 puntos por partido. Maria Gonzalez Centeno é unha xogadora moi completa, un aleiro grande, cun 1,80 de estatura que pode axudar en posicións interiores ou ben a subir o balón.
Paso a paso o equipo do Arxil vai configurándose con xogadoras galegas e unha rusa de Caldas de Reis, como se define cariñosamente a Olga Federova: Cristina Diaz Pache, Fany Lopez, María Lago, María Quiroga e agora María González Centeno.