Santi Ferrer forma parte do cadro de técnicos que acudirá con España ao Mundial de Atletismo en Moscú
Por Redacción
Teríase preferido que algún atleta da Gimnástica acudise ao Mundial de Atletismo, pero ningún conseguiu a mínima de clasificación; aínda así o Director Técnico da RFEA puxo a súa vista no adestrador da Gimnástica, Santi Ferrer Moreira, que formará parte do equipo de técnicos que acudirá á capital rusa.
Esta tempada Santi Ferrer fíxose cargo da preparación de Frank Casañas, atleta que xunto con Mario Pestano, defenderán a España na proba de lanzamento de disco e formará parte do grupo de 9 adestradores que decidiu levar Ramón Cid á edición número 16 dos mundiais de atletismo.
Os mundiais comezarán o 10 de agosto. Será o 12 cando Frank, afincado en Galicia, compita na cualificación e ao día seguinte a final.
OS NÿMEROS DO CAMPIONATO DE ESPAÿA
O balance que se fai da actuación da Sociedad Gimnástica no pasado Campionato de España absoluto é moi positivo, talvez un dos seus mellores resultados, pero vaiamos por partes. No medalleiro, a Gimnástica colócase no posto vixésimoprimeiro, grazas ás súas dúas medallas de prata, dos 38 equipos que conseguiron algún metal. En 2009 a Gimnástica sumou tamén dúas medallas, naquela ocasión de ouro, pero é que é moi difícil superar ese número de preseas. Soamente 9 clubs sumaron nesta edición tres ou máis metais e a Gimnástica polo tanto colocouse décima en número de postos de honra.
Outro apartado importante é o número de finalistas. Entre os 8 primeiros o equipo pontevedrés, ao igual que o ano pasado totalizou sete finalistas, pero mellor colocados, o que lle proporcionou 33 puntos e unha brillante 9 posición na devandita táboa, a mellor da súa historia. Só 4 clubs superaron os 50 puntos e un total de 67 equipos conseguiron algún posto de finalista, o que demostra o repartido que está o atletismo nacional, un bo sinal da súa fortaleza.
Comparando co resto de clubs de Galicia presentes en Alcobendas, a Gimnástica sumou máis medallas, aínda que o Celta de Vigo conseguiu un só metal de ouro, sendo duodécimo no medalleiro. E en puntos de finalistas, a Gimnástica foi o mellor, seguíndolle de lonxe o Celta de Vigo no posto vixésimo noveno, cos 8 puntos do seu presea de ouro.