A negociación polo partido dos Hispanos en Pontevedra, avanzada pero pendente do Covid-19
Por Diego Espiño
O coronavirus irrompeu de cheo no ano do 75 aniversario da Sociedad Deportiva Teucro.
O club pontevedrés, vicedecano do balonmán nacional, presentara un calendario de actividades que tiña previsto realizar ao longo do ano, no que sobresaía un partido da Selección Española Masculina Absoluta, actual campioa de Europa.
"Hay un compromiso por parte del presidente de la Federación", recoñeceu en febreiro o ex-presidente e membro da xunta xestora Carlos García-Alén.
Por aquel entón o anuncio necesitaba aínda dunha negociación, un aspecto no que se avanzou considerablemente nas últimas semanas. Foi só uns días antes de que se decretase o estado de alarma pola crise sanitaria, nunha visita do presidente da Federación Española de Balonmán, Francisco Blázquez.
O dirixente mantivo un encontro coa presidenta provincial, Carmela Silva, reforzando a disposición a que os Hispanos regresen a Pontevedra, como o fixeron en xaneiro de 2018 con motivo do Torneo Internacional Memorial Domingo Bárcenas.
Os plans, sempre que o coronavirus o permita, pasaban por que o Pavillón Municipal de Pontevedra poida ser escenario dun encontro amigable ante unha selección europea como homenaxe ao club teucrista, que tería lugar previsiblemente a principios de xullo, mentres que en outubro a idea é que a Selección regrese á provincia, nesta ocasión a Vigo.
En canto ao resto de actividades expostas polo Teucro para conmemorar o seu aniversario "terminaremos haciendo la mitad de lo que pensábamos", recoñecen desde a entidade, aínda que se tentarán recolocar no calendario na medida do posible o que tiveron ou terán que cancelar nestas datas, como o acto central previsto para o 4 de maio (data dos aniversarios do club) co descubrimento dun monólito de pedra e que non poderá realizarse en tan sinalado día.
Relacionadas:
-
Pontevedra, cuartel xeral dos Hispanos no seu camiño a Tokyo
Por Diego Espiño |
-
SD Teucro: 75 anos de historia e paixón polo balonmán
Por Almu Dapena |
-
Teucro e Cisne, propostas opostas sobre como concluír a tempada
Por Manu Otero |
-
A Federación de Balonmán pregunta aos clubs se estarían dispostos a xogar a porta pechada no verán
Por Almu Dapena |
-
Un partido da Selección Española de balonmán, prato forte dos actos de 75 aniversario do Teucro
Por Diego Espiño |
-
Primeiros pasos para a organización do 75 aniversario do Teucro
Por Redacción |
-
España despídese de Pontevedra gañando a unha notable Arxentina (31-28)
Por Diego Espiño & Diego Torrado |
-
España resolve en dez minutos ante Bielorrusia e logo exhíbese (35-30)
Por Ramiro Espiño & Oskar Viéitez |