VÍDEO.- Os clubs de Marín súmanse á loita contra o coronavirus co 'hashtag' #MiEquipoSeQuedaEnCasa
Por Redacción
O Concello de Marín e os clubs deportivos da vila marinense crearon unha divertida campaña para poñer o seu gran de area e concienciar á sociedade da responsabilidade que supón loitar entre todos contra o coronavirus.
É por iso, que co 'hashtag' #MiEquipoSeQuedaEnCasa, deportistas locais e equipos de Marín queren promover a través de vídeos nas redes sociais a estancia en casa de todos e todas cumprindo estritamente co confinamento.
Con iso, queren mandar unha mensaxe a toda a poboación para así poder volver canto antes á realidade do deporte, adestramentos, diversión e, en xeral, da vida social.
#COVID19 O Concello de Marín e as entidades deportivas de Marín xúntanse para loitar contra o coronavirus baixo o hashtag #miequiposequedaencasa.
— Concello de Marín (@ConcellodeMarin) March 21, 2020
Grazas a todos! Xuntos acabaremos co virus! pic.twitter.com/yVAgkDVFtA
Relacionadas:
-
Marín lanza un plan de adestramento para o confinamento
Por Redacción |
-
VÍDEO.- O Pontevedra Rugby Club adestra na casa... á súa maneira
Por Redacción |
-
VÍDEO.- Os deportistas de elite mostran a través das redes sociais os seus adestramentos na casa
Por Diego Espiño |
-
A sombra do ERTE sobrevoa sobre os clubs deportivos da comarca
Por Diego Espiño |
-
O baloncesto tamén prolonga a suspensión ata abril e o Peixe Galego atrasa a súa volta aos adestramentos
Por Redacción |
-
Os xogadores do Peixe Galego, cada un ao seu lugar de orixe
Por Redacción |