Os adestramentos virtuais, unha ferramenta máis para os triatletas pontevedreses
Por Diego Espiño
A reclusión na casa debido ao estado de alerta decretado polo avance do coronavirus obrigou aos deportistas a tirar de imaxinación e buscar alternativas para seguir adestrándose da mellor maneira posible sen saír dos seus domicilios.
"A situación que estamos a vivir aféctanos a todos, tamén aos deportistas, por suposto. Pero ante a gravidade do problema e o desafío ao que nos enfrontamos, o deporte pasa a segundo plano, aínda que sexa o noso traballo. Manteñamos o ánimo alto, sexamos responsables e fagamos o que poidamos. No meu caso o 'teletraballo' consiste en horas no rodillo, carreira en cinta e ximnasio caseiro botándolle imaxinación", sinalou a través das súas redes sociais o pentacampión mundial en modalidade olímpica Javier Gómez Noya.
Tamén Saleta Castro, na mesma liña, explicou desde o seu domicilio que "non hai competicións e non hai obxectivos a curto prazo", pero toca "ser responsables cos nosos actos" ao seguir preparándose baixo teito. No seu caso, nese momento, con "sesión longa de rodillo, unha sesión de core e estiramentos (algo que tiña bastante esquecido)".
Pablo Dapena pola súa banda recoñeceu hai uns días nun artigo publicado en PontevedraViva que "o que é nadar e correr é complicado pero algo nos inventaremos con enxeño".
Eles son tres dos máximos expoñentes do tríatlon pontevedrés e nacional, e como moitos outros deportistas de elite entre ese 'enxeño' do que fala Dapena atópase o recorrer a ferramentas virtuais. Unha delas, Zwift, conta con multitude de adeptos entre triatletas e ciclistas, aos que é habitual verlles nos grupos formados para completar algún roteiro ciclista en compañía pero sen saír da casa.
Gómez Noya revelou hai tempo utilizar esta plataforma, que permite realizar un programa multixogador de ciclismo e carreira en liña, pero tamén a utilizan ciclistas profesionais como o gañador do Tour Geraint Thomas ou os integrantes do equipo Michleton-Scott que mesmo programan eventos para compartir quilómetros virtuais cos afeccionados.
Dapena non queda atrás e estes días recoñecía darse "unha boa quentada" cunha quedada virtual na que tamén participaba por exemplo o campión mundial de dúatlon Emilio Martín.
O hemos perdido ya la forma o @planetatriatlon está en pico histórico de forma, voy a llamar a la @AEPSAD
— Pablo Dapena Gonzale (@pablitopiny) March 18, 2020
Que manera de reventarnos al @GoZwiftTri a nada menow que @emiduatlon @antonibenito #Romo #EstabanBasanta y unos cuantos más... Buena calentada y gracias!
Todo vale para pasar da mellor maneira o confinamento e manter no posible o seu estado de forma para cando se consiga volver á normalidade e con eles aos seus 'postos de traballo', que no seu caso son as competicións do máis alto nivel repartidas por diferentes puntos do globo.
Relacionadas:
-
4 horas de rodete ao día e unha alimentación moi coidada, así son os adestramentos do Supermercados Froiz
Por Almu Dapena |
-
A Federación Internacional de Tríatlon amplía o parón das súas competicións ata o 30 de xuño
Por Redacción |
-
Por que é necesario facer deporte baixo a supervisión dun profesional?
Por Almu Dapena |
-
VÍDEO.- Os deportistas de elite mostran a través das redes sociais os seus adestramentos na casa
Por Diego Espiño |
-
As federacións piden a suspensión dos Xogos Olímpicos
Por Almu Dapena |
-
VÍDEO.- O divertido adestramento na casa dos xogadores do Teucro
Por Diego Espiño |
-
Así pasan a corentena os deportistas pontevedreses
Por Almu Dapena |
-
A ITU suspende as actividades do mundial de tríatlon e deixa o calendario de Gómez Noya no aire
Por Almu Dapena |
-
Gómez Noya preparará en Pontevedra o seu asalto ao ouro olímpico
Por Manu Otero |