O ximnasio de Campolongo conxela as cobranzas e devolverá as cotas dos servizos non prestados
Por Redacción
O Centro Deportivo de Campolongo mantén as súas instalacións pechadas ao público desde o venres 13 de marzo como medida preventiva para garantir a saúde dos seus usuarios e traballadores.
Con motivo da crise sanitaria do COVID-19, emitiron este luns un comunicado a través do que infroman que "bonificaremos todos os servizos pagos e non gozados e por suposto non se virarán cotas ata ter a data de apertura".
Así mesmo, engaden que non será necesario tramitar a baixa porque todas as cotas serán conxeladas.
Doutra banda, recomendan a todos os abonados que non abandonen a vida activa e sigan manténdose en forma. Para facilitarllo, faranlles chegar a todos un programa de adestramento virtual para realizar desde casa.
Calquera novidade no servizo deste centro será comunicada aos usuarios a través das canles corporativas habituais.
Relacionadas:
-
O ximnasio de Campolongo reabre as súas portas o 22 de xuño
Por Redacción |
-
A concesionaria do ximnasio de Campolongo advirte ao Concello da imposibilidade de execución temporal do contrato
Por Oskar Viéitez |
-
Animan os pontevedreses a apuntarse ao plan #YoEntrenoEnCasa para exercitarse na corentena
Por Alejandro Espiño |
-
Os ximnasios tamén pechan debido ao avance do coronavirus
Por Redacción |