O CB Arxil dá permiso ás súas xogadoras para volver á casa durante o período de inactividade
Por Redacción
Despois de que a Federación Española de Baloncesto tomase a decisión de suspender os partidos para frear o avance do coronavirus, son moitos os deportistas que chegaron un acordo cos seus respectivos clubs para regresar aos seus países durante o tempo que dure a anulación.
Un deles foi o Club Baloncesto Arxil, que chegou a un consenso coas súas xogadoras para que poidan deixar Pontevedra co compromiso de incorporarse no momento en que se renove a liga Feminina2, que nun principio será dentro de 15 días.
A xogadora americana Forster leva en Nova York desde o sábado, a sueca Linne en Estocolmo, e a arxentina Puchetti desde a mañá deste domingo no seu país, sendo as únicas que se atoparán fóra da cidade durante o período que dure a inactividade.
Pola súa banda, o resto do persoal atópase descansando, mentres que a leonesa Natalia López continúa coa súa rehabilitación.
Ao club pontevedrés aínda quedan cinco xornadas por disputar ante o Alcobendas, Leganés, Ferrol, Real Canoe e Cortegada.
Relacionadas:
-
A tempada, finiquitada definitivamente para un Arxil "preocupado" por o próximo curso
Por Diego Espiño |
-
O baloncesto segue aprazando xornadas, esta vez a do 11-12 de abril
Por Redacción |
-
Natalia López, xogadora do Arxil: "me encuentro súper bien y motivada para entrenar en casa"
Por Almu Dapena |
-
24 dos 28 clubs da Liga Feminina 2, entre eles o Arxil, piden que se dea por finalizada a tempada
Por Redacción |
-
O baloncesto tamén prolonga a suspensión ata abril e o Peixe Galego atrasa a súa volta aos adestramentos
Por Redacción |
-
Os xogadores do Peixe Galego, cada un ao seu lugar de orixe
Por Redacción |
-
O Centro Galego de Tecnificación Deportiva suspende a súa actividade e pecha a residencia polo coronavirus
Por Redacción |
-
O baloncesto súmase aos aprazamentos polo coronavirus: nin LEB Ouro, nin Liga Feminina 2, nin base
Por Redacción |
-
O Concello notifica a resolución das subvencións deportivas correspondentes á tempada 17/18
Por Redacción |