Primeira vitoria da pretempada para o Pontevedra que se impuxo con claridade (0-3) ao Estudiantil
Por Ramiro Espiño
Primeiro partido da pretempada do Pontevedra e primeira vitoria da era Nando. Os granates, cun once inicial integrado exclusivamente por xogadores do filial e outros que están a proba buscando a oportunidade de convencer o técnico, non deron opcións ao equipo da Agrupación Estudantil, impoñendo a lóxica da diferenza de categoría entre ambos os dous.
Aínda así, a primeira parte foi relativamente nivelada. Os locais empregáronse a fondo, mesmo con certa dureza nalgunhas accións, para intentar frear o novo equipo granate, ata que chegou o gol de Kevin, pasada a media hora. O dianteiro procedente do Barco, aínda que foi fichado como reforzo para o filial, empeza a demostrar con traballo e intensidade en cada acción que pode ser unha das gratas sorpresas do ano.
O segundo tempo non tivo cor. Mentres o Pontevedra melloraba con cada cambio realizado, poñendo máis potencial no seu equipo, a Agrupación Estudantil, que cambiou por completo o seu once no descanso, acusaba a menor calidade da súa segunda unidade. Así as ocasións se foron acumulando, aínda que o resultado tardou en ampliarse. Logrouno Santi Domínguez, que comeza co punto de mira afinado, primeiro ao transformar un penalti e logo, case co tempo cumprido, redondeando a conta dun partido do que Nando seguro terá extraido as primeiras conclusións, e no que unicamente houbo que lamentar a lesión de Diego Arnejo, que tivo que abandonar o campo aos 20 minutos de xogo.
AGRUPACIÿN ESTUDIANTIL (0): Vicente; Fafú, David, Martín, Roma, Bouza, Secho, Moscoso, Matelo, Franqueira e Uxío. Tras o descanso saíron: Maquelele; Matías, Colón, Marc, José Ramón, Peiteado, Yupe, Payaso, Chispa, Antón 2 Portillo.
PONTEVEDRA C.F. (3): Edu; Uru, Juan Ignacio, Bruno (Caco, min. 75), Collazo, Emilio (Brais, min. 46), Diego González (Richi, min. 67), Javi Nogueira (Tomás, min. 67), Kevin (Santi Domínguez, min. 46), Pablo Regueiro (David Pérez, min. 75) 2 Diego Arnejo (Suso, min. 20).
Árbitro: Alain García Martín (Santiago), auxiliado nas bandas por Piñeiro Rial e Maquieira Otero. Non mostrou tarxetas.
Goles: (0-1) Minuto 35: Kevin. (0-2) Minuto 67: Santi Domínguez, de penalti. (0-3) Minuto 88: Santi Domínguez.
Incidencias: Campo de San Martiño de Callobre (A Estrada). Uns 200 espectadores.