O coronavirus deixa no aire os primeiros selectivos para os Xogos Olímpicos
Por Manu Otero
Creada e actualizada
Creada e actualizada
A falta de catro meses para a celebración dos Xogos Olímpicos de Tokio, as diferentes federacións internacionais ultiman a repartición de prazas para o evento máis importante do últimos catro anos. Con todo, a epidemia do coronavirus está a obrigar aos diferentes organismos a retocar os seus calendarios para previr a expansión da enfermidade e asegurar a saúde dos deportistas. O último evento aprazado foi o selectivo de Loitas Olímpicas no que ían participar os pontevedreses Lydia Pérez e Pablo García, que levaban xa varios días concentrados en Budapest e Matrahaza respectivamente.
A Federación Internacional de Loitas Olímpicas explicou a través dun comunicado que o goberno húngaro declarou o estado de emerxencia polo que cancelan todos os eventos que reúnan a máis dun milleiro de persoas. Por iso, o campionato queda, en principio, posposto ata maio.
Outra federación que está a valorar a suspensión do selectivo é a de natación. A RFEN celebrará entre o 1 e o 5 de abril o campionato de España Open de primavera en Sabadell no que se decidirá que nadadores representarán a España nas diferentes probas dos Xogos de Tokio. "Tendo en conta a súa especial transcendencia como clasificatorio para JJ.OO e Campionatos de Europa, está a analizarse se é factible realizalo a porta pechada e cunha participación moi restrinxida de nadadores. A decisión será comunicada, todo o máis tardar, o vindeiro venres", explican a través dun comunicado.
Outra competición de ámbito internacional afectada pola epidemia é a primeira proba do circuíto de tríatlon Challenge que se ía a celebrar en Salou o 29 de marzo atrásase ata o 27 de setembro. O pontevedrés Pablo Dapena, recentemente nomeado embaixador desta franquía, tiña previsto participar nesta competición. Doutra banda, aínda que nun principio ía seguir adiante a celebración da Copa de Europa prevista para este domingo en Huelva. A organización, despois de decidir adiantar a hora de inicio da competición ás 8.30 horas e suspender os actos protocolarios e de entrega de medallas como medidas de precaución, acordou finalmente suspender a súa celebración.
Ademais a Federación Galega de Tríatlon confirmou este xoves que todos os eventos e actividades federativas quedarán suspendidas durante o próximos quince días. Tamén a Federación Galega de Piragüismo decidiu suspender todas as competicións durante un mes e mesmo instou á Federación Española a seguir o mesmo camiño.
Relacionadas:
-
A United World Wrestling rectifica e mantén o sistema de clasificación para Tokio 2021
Por Manu Otero | Creada e actualizada
-
Confirmada a nova data para os Xogos Olímpicos: do 23 de xullo ao 8 de agosto de 2021
Por Redacción |
-
Oficial: Os Xogos Olímpicos pospóñense a 2021
Por Redacción |
-
Así pasan a corentena os deportistas pontevedreses
Por Almu Dapena |
-
A Federación de Piragüismo cancela os selectivos nacionais, claves para os Xogos Olímpicos
Por Almu Dapena |
-
A ITU suspende as actividades do mundial de tríatlon e deixa o calendario de Gómez Noya no aire
Por Almu Dapena |
-
O Centro Galego de Tecnificación Deportiva suspende a súa actividade e pecha a residencia polo coronavirus
Por Redacción |
-
O Pontevedra mantén os adestramentos do primeiro equipo a pesar da alerta sanitaria
Por Manu Otero |
-
O baloncesto súmase aos aprazamentos polo coronavirus: nin LEB Ouro, nin Liga Feminina 2, nin base
Por Redacción |
-
A Xunta suspende o deporte escolar e recomenda o aprazamento do federado
Por Redacción | Creada e actualizada
-
O balonmán español cede tamén ao coronavirus e suspende as dúas próximas xornadas
Por Manu Otero |
-
A Federación suspende as dúas próximas xornadas da Segunda B e categorías inferiores polo coronavirus
Por Manu Otero |
-
O Pontevedra pide a suspensión da liga durante quince días e rexeita xogar a porta pechada
Por Manu Otero |