Toño Lafuente celebra os 40 anos co seu regreso ao Cisne
Por Manu Otero
A lesión de longa duración de Juan Novás na portería do Cisne obrigou ao equipo a acudir ao mercado para cubrir a baixa e evitar quedar sen porteiros ante unha eventual lesión que puidese afectar ao titular Villamarín. Con todo, á dirección deportiva non lle fixo falta irse moi lonxe. A solución estaba na casa. No propio vestiario, concretamente. Toño Lafuente, que levaba xa varias semanas adestrando co equipo e cumpriu este mes de febreiro os 40 anos, regresa á disciplina do conxunto branco, do que formou parta durante casi dúas décadas, ata final de tempada.
"Levaba mes e medio adestrando connosco e como Novás leva lesionado desde decembro necesitabamos outro porteiro. Propuxémosllo a Toño e non tardou nin cinco segundos en aceptar", detalla o directivo da escuadra lerezana, César Gómez.
A intención do Cisne é mantelo no primeiro plantel polo menos ata final de tempada e están a tratar de tramitar xa a súa ficha para que poida participar no encontro fixado para este sábado ás 20 horas na Municipal fronte ao Teucro.
TEMOR Á SUSPENSIÓN
No Cisne son conscientes do prexuízo que lle supón disputar o derbi pontevedrés do próximo sábado sen público. Os ingresos de despacho de billetes neste partido son os máis altos da tempada e a decisión do CSD de xogar a xornada a porta pechada afectará directamente as arcas do club.
Aínda así, apunta Gómez que se finalmente suspéndese a competición durante as dúas próximas semanas como vai ocorrer no fútbol non profesional o prexuízo pode ser aínda maior. "Temos os billetes comprados e todo reservado para viaxar a Barcelona e entre semana a Alcobendas para xogar un partido aprazado. Se se suspende, non sabemos se poderemos recuperar o diñeiro", advirte o directivo, que lamenta a decisión de xogar a porta pechada, pero cre que a suspensión poida ser aínda máis prexudicial.
Relacionadas:
-
Toño Lafuente, un regreso ao balonmán condicionado polo coronavirus: "Si acaba la liga puedo llegar a no debutar incluso"
Por Diego Espiño |
-
Toño Lafuente, ex capitán do Cisne, será en marzo o novo presidente do comité de empresa de Ence pola CIG
Por Anxo Lourido |
-
O Cisne reforza a súa aposta na División de Honra Prata
Por Diego Espiño |
-
RADIO.- Toño Lafuente 37 - Balonmán 19
Por Marisa Ciordia |
-
O Cisne cumpre o expediente gañando a Zarautz (32-27) e Toño Lafuente anuncia a súa retirada
Por Ramiro Espiño & Cristina Saiz |