Pacheco salva un empate para o Arosa contra o Paiosaco no último minuto (1-1)
Por Redacción
Partido de infarto o vivido esta fin de semana no Municipal de Vilaxoán entre o Arosa e o Paiosaco. Os de Vilagarcía, que viñan de vencer ao Arzúa grazas a un gol de Rober no último minuto, repetiron a historia nesta xornada e salvaron un empate co gol de Pacheco.
Empezou mal o duelo para o Arosa que se viu obrigado a realizar un cambio cando se cumpría o minuto 19 debido ás molestias de Joel, tendo que entrar no seu lugar Manu Rodríguez.
A primeira ocasión para os locais chegou no minuto 32 cun disparo de Jorge Sáez que saíu despexado a córner e, tres minutos despois, Sáez volveu tela despois dun pase de Javi Fontán, pero o balón foise lixeiramente desviado da portería de Mallo.
Cando parecía que o partido ía chegar en táboas ao descanso, o Paiosaco adiantouse cun gol de Gamallo.
Tras o intermedio chegou unha xogada para o Arosa. Javi Otero caeu dentro da área e bancada e xogadores reclamaron penalti pero o colexiado non viu nada.
No minuto 62, Jorge Sáez tivo o empate despois de cabecear un centro de Coti, pero o balón atrapouno Mallo sen dificultade. 10 minutos despois o Paiosaco tivo o 0-2 despois dunha contra, pero Manu Táboas realizou unha boa parada que o evitou.
Chegábase á recta final do encontro e o Arosa buscaba o empate. Primeiro, tras unha xogada alborotada dentro da área que case acaba en gol de Pedro García, e despois, cun disparo de Suso que finalmente se foi desviado. Iago Martínez tamén a tivo de cabeza, pero o seu remate sacouno un defensa na liña de gol cando a bancada xa celebraba o empate.
Quedaban 5 minutos e Rafa Sáez sacou do terreo de xogo a Javi Fontán e no seu lugar entrou Pacheco, autor do tanto no minuto 92. Antes diso, tanto Paiosaco como Arosa quedaron con 10 despois das expulsións de Pedro García para os visitantes e Adri para os de Vilagarcía.
Tras iso chegou o tanto do empate por mediación de Pacheco que se encargou de finalizar en liña de gol o remate de Catú e así poñer o 1-1 co que finalizou o encontro.
Relacionadas:
-
A Federación Galega de Fútbol convoca aos clubs para coñecer a súa situación ante o estado de alarma
Por Redacción |
-
Un gol de Rober no último minuto dá a vitoria ao Arosa na súa visita ao Arzúa (0-1)
Por Redacción |
-
Un punto máis para o Arosa que empata ante o Villalbés para seguir terceiro (1-1)
Por Redacción |
-
O Silva corta a serie de oito partidos sen perder do Arosa (2-1)
Por Redacción |