O Peixe Galego dáse unha alegría á conta do Canoe e logra o seu cuarto triunfo do curso (76-81)
Por Redacción
Non dixo a súa última palabra o Peixe Galego na Liga LEB Ouro. É certo que segue tendo case imposible a permanencia na categoría, pero mentres os números non digan o contrario os de Marín ségueno tentando.
No segundo partido con Diego Gómez ao mando desde o banco, o conxunto marinense logrou impoñerse na pista dun rival directo como o Real Canoe madrileño para sumar o seu cuarto triunfo do curso.
Foi un duelo con dominio 'peixe' desde o inicio, cun parcial de 0-6 grazas aos puntos Jacobo Díaz e Tai Badmus. Ambos os dous comandarían o ataque do seu equipo durante a primeira metade mantendo sempre por detrás ao Canoe.
Eses seis puntos iniciais convertéronse en 10 a pouco de concluír o primeiro cuarto (12-22), pero nese momento empezou a dar sinais de vida o cadro local para recortar distancias (19-25).
A tónica mantívose no segundo parcial, que comezou cun mate de Badmus demostrando que o Peixe ía en serio. A diferenza, que subiu de novo ata os 9 puntos, quedou ao descanso nun esperanzador 35-40 para os da Raña.
Tras o intermedio o Canoe, que marchou aos vestiarios cun parcial aberto de 4-0 ao seu favor, ampliouno ata o 10-0 igualando o marcador por primeira vez desde o minuto inicial (40-40). Non logrou con todo completar a remontada e os marinenses primeiro cunha canastra de Orellano e despois cunha tripla de Saunders mantiñan a iniciativa.
Salvado o momento de dúbida, o partido seguiu o seu camiño por onde quería o Peixe Galego, chegando ao último cuarto con vantaxe de 53 a 62, e ese parcial definitivo comezou cun triplo de Sikiras que parecía encarrilar o triunfo cun +12. Nada máis lonxe da realidade porque o Canoe non se deu por vencido e nun par de minutos estaba de novo na pelexa (60-65).
Afortunadamente non estaba polo labor o cadro marinense de tirar pola borda o bo traballo realizado, apertando os dentes cando máis presionaba o rival (70-71) para pechar o partido con acerto no tiro libre (76-81 final) e lograr un triunfo que aínda que lle mantén na última posición da táboa, faio xa a só unha vitoria do seu rival este venres, do que se pon a tiro.
Relacionadas:
-
O Peixe Galego busca en Madrid a primeira vitoria con Diego Gómez ao mando
Por Diego Espiño |
-
Un mal segundo cuarto deixa o Peixe Galego sen opcións fronte o Leyma Coruña (68-60)
Por Almu Dapena |
-
Mateo Sánchez, segunda cesión en dous días para o Peixe Galego
Por Redacción |
-
Njegos Sikiras, ala-pívot do Fuenlabrada, chega como cedido ao Peixe Galego
Por Redacción |
-
Javi Llorente valora a súa dimisión: "Es una decisión muy difícil porque es el club que siento y que quiero"
Por Diego Espiño |