Difícil saída para o Cisne, que visita a un Torrelavega en xeira positiva
Por Diego Espiño
Novo exame á fortaleza do Club Cisne Balonmán no liderado da División de Honra Prata.
Tras o seu tropezo ante o Villa de Aranda nun encontro que podía colocarlle a só un paso do ascenso, o conxunto pontevedrés quere recuperar o paso na que a día de hoxe pode ser unha das pistas máis complicadas da categoría, a do Torrelavega (sábado, 18:30 horas), terceiro clasificado con 27 puntos e aspirante tamén a pelexar polo salto á Liga Asobal.
"Posiblemente sea uno de los equipos más en forma que hay en la liga", asegura respecto diso Quiños, e é que tras vencerlles en xaneiro no partido aprazado no seu momento entre ambos os cántabros suman cinco vitorias e só unha derrota.
O Cisne espera un partido duro, contra un rival que "se basa en defender bien, trabajan muy bien el 60, y la otra característica es que corren mucho", explica o segundo adestrador.
Entre os seus perigos figuran ademais vellos coñecidos da afección pontevedresa, neste caso do Teucro, como son Dani Hernández, Cangiani e Samu Gómez.