O Peixe Galego busca en Madrid a primeira vitoria con Diego Gómez ao mando
Por Diego Espiño
Segundo exame para o Peixe Galego de Diego Gómez, tras o seu debut a pasada fin de semana con derrota pero boa imaxe na Coruña.
O conxunto marinense desprázase este venres a Madrid (20:00 horas) para enfrontarse ao Real Canoe, equipo que lle precede na clasificación desde a penúltima praza con dous triunfos máis no seu haber.
É pois un encontro importante para o Peixe, no seu obxectivo de seguir competindo na Liga LEB Ouro aínda que a permanencia sexa xa case unha quimera. Para iso será importante deixar atrás as baixadas de rendemento nalgunhas fases dos partidos. "Para poder competir 40 minutos necesitamos un nivel de concentración muy grande", recoñece o adestrador do equipo.
A pesar de que durante a semana sucedéronse pequenos contratempos en forma de arrefriados ou procesos gripais "contamos con todos aptos", asegura Diego Gómez. Iso inclúe tamén aos recentemente chegados, Mateo Sánchez e Njegos Sikiras, quen "se están adaptando bien, están congiendo ritmo de entrenos y acoplando al sistema de juego".
Unha das claves do duelo, defende o preparador marinense, será cortar o ritmo de xogo do Canoe, un equipo que "utiliza a sus bases para darle mucho ritmo y tenemos que intentar pararlos en cuanto reciban. Sacarlos de su ritmo de juego sería lo más importante".