Rufo encandea a Pasarón nunha goleada sanadora do Pontevedra ante o Real Madrid Castilla (4-0)
Por Diego Espiño & Cristina Saiz
Ao fin chegou a vitoria. Despois de 10 partidos sen saborear o triunfo (9 en liga e 1 en Copa), o Pontevedra Club de Fútbol volveu sorrir superando con merecemento o Real Madrid Castilla en Pasarón. Un partido que debe servir para recuperar a confianza perdida e que reforza a boa entrada de Jesús Ramos como encargado do banco: 4 puntos en dous partidos que sumados aos dous encontros dirixidos tras a saída de Luismi colócanlle con 10 puntos de 12 posibles.
O técnico, na súa reestrea ante a afección pontevedresa, apostou polo mesmo once que fixo táboas 7 días atrás co Atlético B, fóra da entrada de Campillo pola ausencia por lesión de Nacho López, de novo con Romay como acompañante de Sana na medular e José García na mediapunta.
En fronte os granates tiñan a un filial madridista con moitos quilates no banco, con Raúl González ao mando, e sobre o céspede, con futbolistas como o brasileiro Reinier. Seus foron os primeiros minutos do duelo, ameazando a área defendida por Edu sobre todo nun balón filtrado por Fidalgo entre liñas para que Baeza encarase a Edu, aínda que o porteiro desviou no cruzamento a córner ante a petición de penalti dos visitantes.
Álex Gonzálex tentou responder cun disparo afastado, e o Pontevedra empezou aos poucos a crecer co paso dos minutos. Churre, imperial no corte, tomou a testemuña anticipándose ao seu par e progresando ata o bordo da área para poñer un centro ao segundo pau que Rufo non puido tocar reclamando un agarrón pero que Álex rematou ao pau. Era o minuto 17 e o campo, cada vez con máis auga, empezábase a decantar en favor dos locais.
A sensación de perigo foi crecendo. Bustos tivo unha boa opción pasada a media hora, atopándose cunha gran resposta de Altube en portería, ata que apareceu a nova conexión de moda nos granates, a composta por José García e Rufo. O primeiro avanzou ata o pico da área polo costado destro para poñer un balón tépedo ao segundo pau que Rufo tirándose de cabeza converteu no 1-0.
Créronllo os granates e foron decididamente a por o partido. Romay probouno de lonxe forzando un córner. Só pasaran 5 minutos desde o primeiro gol cando de novo José García, esta vez desde a esquina, púxoa á área atopando a cabeza de Rufo, saltando e marcando os tempos nunha manobra de libro para bater de novo a Altube tras pegar o coiro no pau e coarse ata o fondo da rede. A bancada celebrou ao grande o segundo gol do seu novo dianteiro, o terceiro desde que aterrou no club e non sería o último.
En Pasarón xa comeza a cantarse iso de RUFO, RUFO!!!
— En Xogo tvG2 (@EnXogo_tvG2) March 1, 2020
Dobrete de @rufinho9 no descanso do @PontevedraCFSAD vs @lafabricacrm pic.twitter.com/MqWxcEDSI7
Durante o descanso seguiu chovendo con forza, e a choiva converteuse finalmente en protagonista. Á volta de vestiarios o balón empezou a non rodar con facilidade, con charcos nalgunhas zonas que converteron o duelo nunha batalla. Con 2-0 no marcador, Jesús Ramos optou por replegar o seu equipo e buscar algunha opción á contra ou en accións en longo, mentres que no Castilla Raúl moveu o banco para revolucionar aos seus.
Todo puido cambiar só 3 minutos despois, no 48, nunha acción en longo do filial que colle a Zabaleta saíndo e rompendo o fóra de xogo e na que Edu dubidou na saída dando opción a unha vaselina de Marc Gual que por fortuna marchouse alta. A partir de aí o fútbol empezou a brillar pola súa ausencia e os minutos ían avanzando a favor dos locais, limitándose as ocasións a un disparo de Marc que parou Edu e a outro afastado de Sana que se foi desviado.
Foi así ata o minuto 76, cando o Castilla puido reengancharse nun erro de Adrián que aproveitou Pablo para encarar a Edu, pero o gardarredes gañou o man a man negándolle o gol. Ese tanto chegou na área contraria, e de novo por obra e graza do protagonista da xornada Rufo. O ariete non desaproveitou na seguinte xogada un servizo de Álex González desde o costado zurdo para fusilar de novo de cabeza a Altube asinando o seu particular 'hat- trick'.
Aí acabouse a resistencia visitante, pero non o goce dunha bancada que se esqueceu das laias desta tempada e aínda puido gritar o golazo de Álvaro Bustos, necesitado de confianza e alegrías, que viu adiantado ao porteiro madridista e bateuno desde tres cuartos de campo, Celebrouno con rabia, como todo o equipo, e é que falta facía unha vitoria así para recobrar impulso para a parte final da tempada.
A tormenta perfecta na #SegundaB
— En Xogo tvG2 (@EnXogo_tvG2) March 1, 2020
@racingferrolsad 2-0
@RCCelta 1-2
@CoruxoFCoficial 3-0
@PontevedraCFSAD 4-0
E todo culminado este GOLAZO de @AlvaroBustos10
Que chova todas as fins de semana #mellorgolgalego pic.twitter.com/nXQ2StlF0P
O cambio final de Rufo para a ovación pechada da bancada foi o colofón perfecto á goleada a un filial afogado pola auga e pola intensidade dos granates. O Pontevedra Club de Fútbol volveu, esperemos que para quedar, e Pasarón ten novo ídolo.
PONTEVEDRA CF (4): Edu, Campillo, Churre, Jaouad, Zabaleta, Sana (Adrián Cruz (min.63), Romay, Álex González, Bustos, José García (Adighibe, min.72), Rufo (Pedro Vázquez, min.81).
REAL MADRID CASTILLA (0): Altube, Fran García, Ayoub (Marvin, min.46), Fidalgo, Guillem (Chust, min.46), Javi Hernández, Blanco, Gila, Reinier (Pablo, min.69), Marc Gual, Baeza.
Árbitros: Josep Subirats Matamoros, auxiliado nas bandas por Jesús Mira García e Álex López Kassem (Cataluña). Amoestou a Sana, Bustos e Romay no Pontevedra e a Blanco e a Marc Gual nos visitantes.
Goles: 1-0 Rufo (min.36); 2-0 Rufo (min.41); 3-0 Rufo (min.78); 4-0 Álvaro Bustos (min.80).
Incidencias: Partido da xornada 27 de liga da Segunda División B disputado no Estadio Municipal de Pasarón ante ao redor de 3.500 espectadores.
Relacionadas:
-
238 días despois, a liga volta a Pasarón
Por Manu Otero |
-
Un lustro dunha das maiores goleadas da historia do Pontevedra
Por Manu Otero |
-
Outra exhibición rematadora de Rufo na importante vitoria do Pontevedra sobre o Getafe B (2-3)
Por Redacción |
-
Gañar a domicilio, última barreira do Pontevedra cara á recuperación
Por Diego Espiño |
-
As probas a Nacho López conclúen que non sofre "ningunha lesión de consideración"
Por Diego Espiño |
-
Getafe B, unha volta despois do partido que dinamitou a tempada do Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Sete anos despois, Pasarón volve celebrar un hat-trick
Por Manu Otero |
-
O talento do Real Madrid Castilla, unha proba do algodón para o Pontevedra de Jesús Ramos
Por Diego Espiño |
-
Nacho López estará "entre dos y tres semanas" de baixa
Por Diego Espiño |
-
Romay: "Jesús tiene una cosa muy buena, que nos conoce perfectamente y sabe dónde exprimirnos"
Por Diego Espiño |
-
VÍDEO.- Rodrygo, unha preocupación menos para o Pontevedra tras unha absurda expulsión
Por Diego Espiño |
-
Bo punto do Pontevedra ante o Atlético de Madrid B na estrea de Jesús Ramos (1-1)
Por Redacción |