O talento do Real Madrid Castilla, unha proba do algodón para o Pontevedra de Jesús Ramos
Por Diego Espiño
Nove xornadas sen gañar son demasiadas para un Pontevedra que este domingo (18:00 horas, Estadio Municipal de Pasarón) poñerá a proba a reacción que pareceu experimentar a pasada xornada co empate no campo do Atlético de Madrid B.
Nesta ocasión o rival será outro filial que "en talento igual está un poco por encima" a pesar da súa peor clasificación, un Real Madrid Castilla á alza que se colocou na sétima praza pero que evidencia dúas caras moi diferentes en función de se xoga como local ou como visitante, e é que lonxe da Cidade Deportiva de Valdebebas só gañaron un partido nesta liga. Iso si, non perden con facilidade fóra, como demostran os seus 7 empates e só 4 derrotas a domicilio.
"De medio campo para arriba tienen un talento acorde al Real Madrid", avisa Jesús Ramos sobre o equipo adestrado por un mito como Raúl González e que poñerá sobre o céspede moitos millóns de euros, xa que sen ir máis lonxe o recentemente incorporado Reinier custou 30 millóns.
Non é en todo caso un factor que amedrente os granates, que queren recuperar a súa mellor versión ante os seus afeccionados. "Pasarón es nuestra casa y tenemos que ser dominadores desde el control del juego", asegura o técnico pontevedrés sobre o que espera que se vexa no verde.
O Pontevedra non poderá contar para a cita cos lesionados Berrocal, Javi López e Nacho López, mentres que Adrián Cruz tras estrearse ante o Atlético volverá previsiblemente a contar con minutos aínda que "aún tiene que ir cogiendo ritmo", recoñece Jesús Ramos.
Os colexiados do encontro serán o catalán Josep Subirats Matamoros auxiliado por Jesús Mira Garcia e Álex López Kassem.
Relacionadas:
-
Rufo encandea a Pasarón nunha goleada sanadora do Pontevedra ante o Real Madrid Castilla (4-0)
Por Diego Espiño & Cristina Saiz |
-
Nacho López estará "entre dos y tres semanas" de baixa
Por Diego Espiño |
-
Romay: "Jesús tiene una cosa muy buena, que nos conoce perfectamente y sabe dónde exprimirnos"
Por Diego Espiño |
-
VÍDEO.- Rodrygo, unha preocupación menos para o Pontevedra tras unha absurda expulsión
Por Diego Espiño |
-
Bo punto do Pontevedra ante o Atlético de Madrid B na estrea de Jesús Ramos (1-1)
Por Redacción |