15 medallas e 5 mínimas nacionais, balance da Gimnástica no Campionato Galego en Pista Cuberta
Por Redacción
Ourense foi escenario a fin de semana do Campionato Galego de Atletismo en Pista Cuberta, todo un quecemento para o que será en poucos días o gran evento atlético do calendario invernal, o Nacional baixo teito que se disputará na mesma sede.
A cita era ademais unha proba do seu estado de forma para os atletas da Sociedad Gimnástica, exame que superaron con nota ao conseguir ata 15 medallas (8 ouros, 4 pratas e 3 bronces) e tamén cinco marcas mínimas para as grandes competicións nacionais.
Non fallou á súa cita co ouro autonómico Víctor Gallego, cunha marca de 15,57 metros no lanzamento de peso, converténdose no atleta con máis títulos galegos no seu palmarés. Na mesma proba, Sandra Carballo conseguiría a medalla de bronce.
Santiago Ferrer tamén gañaría a medalla de ouro en salto con pértega cunha marca de 4,42 metros, mentres que Raúl Cortizo fíxose co primeiro posto en salto de altura con 1,91 metros e co segundo en salto de lonxitude con (6,98 metros) só superado polo marinense Jean Marie Okutu (FC Barcelona). A última medalla nos concursos sería para Yago Boleas cun bronce en triplo salto con 13,17 metros.
Nas carreiras Cristina Garrido faríase coa prata e Claudia Torres co bronce en 60 metros lisos, unha Claudia Torres que subiría todo o máis alto do podio nos 200 metros lisos cun rexistro de 25.60 segundos.
Nos 400 metros Eugenia Gil sería a primeira en cruzar a liña de meta cun tempo de 57.90, mentres que David de la Fuente sería o segundo con 48.94. Estes postos investíronse no 1.500 co primeiro posto sería para o atleta masculino e o segundo para a feminina. David de la Fuente gañou tamén o 800 cun tempo 1:53.58.
Carlos Porto pola súa banda conseguiría gañar a medalla de ouro, facer mellor marca persoal e a mínima para o Campionato de España Absoluto de Pista Cuberta cun tempo de 3:50.53, e Eva Arias quedaría segunda cun rexistro de 4:37.85 que lle valeu o dobre pase para o Campionato de España Absoluto e o Máster en Pista Cuberta en categoría W35.
Por último, Lucía Ferrer sorprendería nos 60 valos gañando con mellor marca persoal superando a barreira dos nove segundos (8.89) que supón mínima para o Campionato de España Absoluto de Pista Cuberta. Na mesma proba Joao Ribeiro quedaría primeiro con 8.34 con mínima para o Campionato Absoluto de Portugal de Pista Cuberta.
Ademais destas mínimas como colofón Alberto Pérez faríase co acceso ao Campionato de España sub20 de Pista Cuberta nos 800 metros e Lucía Ferreiro superaría a barreira para os nacionais en salto con pértega en categoría máster W40.
Relacionadas:
-
Baño de ouro de Raúl Cortizo nun campionato galego sub 20 dominado pola Gimnástica
Por Redacción |
-
Pamplona e Vigo, sedes para os primeiros encontros de liga da Gimnástica
Por Redacción |
-
Jean Marie Okutu, undécimo título nacional de lonxitude para encherse de moral ante o reto olímpico
Por Diego Espiño |
-
A Gimnástica, sen fortuna no Campionato de España Sub-23 de atletismo
Por Redacción |
-
Diego Casas, da Gimnástica á Copa de Europa de Lanzamentos
Por Redacción |
-
Antía Chamosa, da Gimnástica, proclámase campioa da 31 edición do Campionato de Marcha en Ruta
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Dous neumotórax apartan ao marchador Daniel Chamosa da competición
Por Manu Otero |