Romay: "Jesús tiene una cosa muy buena, que nos conoce perfectamente y sabe dónde exprimirnos"
Por Diego Espiño
O Pontevedra Club de Fútbol tenta deixar atrás o empate do domingo contra o Atlético B, extraendo as conclusións positivas do duelo, e pensar no novo reto que ten diante, a visita doutro filial como o Real Madrid Casilla a Pasarón (domingo, 18:00 horas).
Así o ve por exemplo Romay, para quen o 1-1 ante os colchoneiros "si estuviésemos en una situación normal sabría a victoria porque es un campo complicado, pero evidentemente al llevar sin ganar tiempo no vale, no es suficiente", sinala ambicioso.
O centrocampista, que volvía ao once tras unha semana fóra por sanción, asegura que no plantel están "contentos pero sin pasarse", porque o que fai falta agora é "ganar dónde sea".
Para o futbolista galego, un fixo no once con todos o tres adestradores que pasaron polo banco granate esta campaña, a nova situación con Jesús Ramos ao mando "tiene una cosa muy buena, que nos conoce perfectamente y sabe dónde exprimirnos".
Seguindo de feito o discurso de Ramos, apela a deixar atrás "ese nerviosismo y apartar todo tipo de ansiedad por los puntos" porque "si hacemos las cosas bien vamos a sacar los partidos".
Coa visita do Real Madrid Castilla darase unha situación pouco habitual na Segunda B, coa presenza case segura sobre o verde de Pasarón dun xogador como o brasileiro Reinier cuxo valor de mercado (o Real Madrid pagou por el 30 millóns de euros) é case 20 veces o orzamento do Pontevedra para a presente tempada (1,4 millóns euros). "Es difícil regular eso pero se hace raro", defende Romay, para quen "tenemos que tener más cuidado que nunca" xa que se trata de alguén que "puede fastidiarte partidos, por algo cuestan ese dinero", aínda que ten claro que "al final un jugador normalmente no gana solo" e "tenemos que intentar hacer nuestro partido"
Non só iso, senón que a presenza dun futbolista desta proxección debe servir de motivación porque "cuando dejemos nuestra carrera profesional pues habrás jugado ante posibles megarcracks". Pero ese pensamento queda gardado para despois do partido, cando os tres puntos queden na casa.
Relacionadas:
-
Rufo encandea a Pasarón nunha goleada sanadora do Pontevedra ante o Real Madrid Castilla (4-0)
Por Diego Espiño & Cristina Saiz |
-
O talento do Real Madrid Castilla, unha proba do algodón para o Pontevedra de Jesús Ramos
Por Diego Espiño |
-
Nacho López estará "entre dos y tres semanas" de baixa
Por Diego Espiño |
-
VÍDEO.- Rodrygo, unha preocupación menos para o Pontevedra tras unha absurda expulsión
Por Diego Espiño |
-
Bo punto do Pontevedra ante o Atlético de Madrid B na estrea de Jesús Ramos (1-1)
Por Redacción |