VÍDEO.- Rodrygo, unha preocupación menos para o Pontevedra tras unha absurda expulsión
Por Diego Espiño
O Pontevedra Club de Fútbol terá unha cousa menos da que preocuparse esta semana de cara ao duelo do próximo domingo (18:00 horas) no Estadio Municipal de Pasarón ante o Real Madrid Castilla.
Co filial madridista non viaxará a que podía ser unha das súas maiores ameazas, Rodrygo, despois da absurda expulsión que sufriu nos últimos minutos do duelo que enfrontaba ao seu equipo co San Sebastián de los Reyes.
Corría o minuto 88 de partido cando o atacante brasileiro de 19 anos, fichado polo club madridista por 45 millóns de euros, anotou o 2-0 do seu equipo nunha sobresaliente xogada persoal. Con todo na celebración recibiu a súa segunda tarxeta amarela por "encararse a un contrario sen chegar ao insulto nin á ameaza", sinalou o colexiado na acta. O motivo en realidade foi mofarse do porteiro rival, Irureta, unha cartolina de difícil recurso e que tamén lle impedirá estar dispoñible para Zidane no primeiro equipo na semana do 'Clásico' ante o FC Barcelona.
Gol y expulsión. Rodrygo consiguió un golazo para @lafabricacrm (2-0) y acabó expulsado tras su gesto en la celebración. pic.twitter.com/Wb8a3VVkJN
— Footters (@footters) February 23, 2020
Rodrygo só xogou dous encontros esta campaña co filial (12 leva en Primeira División), o último este pasado domingo co obxectivo de que acumulase minutos de competición. Unha situación que podía repetirse a fin de semana no desprazamento a Pontevedra e que xa non se dará. Unha dor de cabeza menos para o club granate.
O que si estará presumiblemente en Pasarón, ademais do adestrador Raúl González, será o recentemente fichado Reinier, outro talento brasileiro de 18 anos que lle custou ao Real Madrid 30 millóns de euros e que debutou esta pasada xornada co Castilla.
Para poñer en contraste do que supón tal poderío económico no céspede, o orzamento total do Pontevedra Club de Fútbol para a presente tempada ascende a 1.398.386 euros. Unha diferenza 'mínima'.
Relacionadas:
-
Rufo encandea a Pasarón nunha goleada sanadora do Pontevedra ante o Real Madrid Castilla (4-0)
Por Diego Espiño & Cristina Saiz |
-
O talento do Real Madrid Castilla, unha proba do algodón para o Pontevedra de Jesús Ramos
Por Diego Espiño |
-
Nacho López estará "entre dos y tres semanas" de baixa
Por Diego Espiño |
-
Romay: "Jesús tiene una cosa muy buena, que nos conoce perfectamente y sabe dónde exprimirnos"
Por Diego Espiño |
-
Bo punto do Pontevedra ante o Atlético de Madrid B na estrea de Jesús Ramos (1-1)
Por Redacción |