O Arxil pelexa ata o final pero non pode co Añares Rioja (74-68)
Por Almu Dapena
Terceira derrota nos últimos cinco partidos para o Arxil, que saíu á cancha do Añares Rioxa coa aspiración de vencer, tal e como fixeron no Centro Galego de Tecnificación Deportiva na primeira volta. Finalmente, e aínda que a vitoria para as locais (74-68), as de Pontevedra seguen nos postos de salvación.
O encontro comezou mal para o Arxil, que cedeu un parcial de 10-2 pero que foi capaz de recortar ata poñerse a tan só dous puntos (12-10) cando quedaban 3 minutos para que concluíse o primeiro acto. Con todo, a partir dese momento chegaron os peores minutos das verdes, que viron como o seu rival endosaba 12 puntos e ampliaban a vantaxe para chegar ao segundo tempo cun resultado de 24-10.
Mayte Méndez reorganizou as ideas das súas e así tentar achegarse ao marcador rival, e con Carla Fernández e María Lago liderando ao equipo, alcanzouse o descanso cun resultado de 34-30 e todo por decidir.
O terceiro cuarto inaugurábao Cristina Díaz cun triplo, dando paso ao mellor cuarto do Arxil, que se poñía por primeira vez por diante no marcador despois de que Forster encestara dous tiros libres (28-39), alegría que pouco lles durou xa que o Rioxa volveu tomar as rendas do partido e afastouse antes de chegar ao últimos 10 minutos (59-52).
O Arxil non quería deixar escapar a vitoria e seguiu pelexando cada balón, logrando poñerse a catro puntos cando quedaba pouco máis dun minuto e medio de partido, pero as locais mostráronse superiores e finalmente fixéronse coa vitoria por 74-68.
Consulta as estatísticas do Añares Rioxa-CB Arxil na seguinte ligazón.
Relacionadas:
-
Derrota contundente do Arxil na súa visita ao GDKO Ibaizábal (79-49)
Por Redacción |
-
Vitoria de gran valor para o Arxil sobre o Barakaldo (69-46)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
Contundente derrota do Arxil fronte ao Patatas Hijolusa (50-75)
Por Redacción |
-
Un competitivo Arxil cae ante o líder, o Estudantes (73-50)
Por Redacción |
-
O Arxil encarrila a permanencia tras vencer o Avilés por 67-52
Por Almu Dapena & Diego Torrado |
-
O Arxil reencóntrase coa vitoria á conta do Pozuelo (70-51)
Por Almu Dapena & Diego Torrado |