Jesús Ramos: "Si hay una ventaja es que el entrenador del Atlético de Madrid no sabe cómo vamos a jugar"
Por Diego Espiño
O espello no que quere verse reflectido non está lonxe, os seis puntos de seis posibles conseguidos cando asumiu de maneira interina a dirección do Pontevedra Club de Fútbol tras a destitución de Luismi, pero a situación que se presenta é diferente agora, confirmado como adestrador ata final de campaña.
Jesús Ramos ofreceu este venres a súa primeira comparecencia pública tras relevar no cargo a Carlos Pouso. "En el deporte los resultados mandan, puedes trabajar bien y que luego no salgan las cosas", sinalou sobre o seu antecesor defendendo o esforzo realizado durante os últimos meses.
No que respecta a a súa figura, Ramos defínese como "un hombre de la casa, en la que he estado desde mi época como jugador del filial" e cuxo único obxectivo é "revertir esta situación" sen mirar máis aló do futuro e na posibilidade de seguir no cargo.
Jesús Ramos: "A la gente de Pasarón le gusta que des todo en el campo y no pares de apretar"
Chegados a este punto, o técnico explicou que Pontevedra lle gustaría ver de aquí a final de liga: "A la gente de Pasarón le gusta que des todo en el campo y no pares de apretar. Yo creo que tenemos un perfil de jugadores para apretar más en campo contrario".
Toda unha declaración de intencións que tentará converter en realidade canto antes, empezando pola visita este domingo (12:00 horas) a un dos campos máis complicados da categoría, o do Atlético de Madrid B. Iso si, "si hay una ventaja es que el entrenador del Atlético de Madrid no sabe cómo vamos a jugar", recoñece sobre o duelo, no que "evidentemente va a haber cambios" porque "no todos los partidos son iguales".
A prioridade en todo caso para o preparador granate, e así o sinalou, pasa por recuperar a confianza dos futbolistas porque "no se han olvidado de jugar al fútbol" e "talento lo tienen", defende sobre uns xogadores cos que se mostrou próximo á vez que esixente durante as primeiras sesións de adestramento ao seu cargo e aos que ve "con mucha responsabilidad y ganas de trabajar".
Relacionadas:
-
Bo punto do Pontevedra ante o Atlético de Madrid B na estrea de Jesús Ramos (1-1)
Por Redacción |
-
A versión 3.0 do Pontevedra estréase no feudo do Atlético de Madrid B
Por Diego Espiño |
-
Carlos Pouso valora a súa saída do Pontevedra: "Reconozco que fui el que dio el primer paso"
Por Diego Espiño |
-
Edu Sousa: "No podemos caer en el error de seguir lamentándonos"
Por Diego Espiño |
-
Pouso despídese do plantel do Pontevedra e Jesús Ramos toma o mando
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra 'cárgase' a Carlos Pouso
Por Diego Espiño |
-
Calma tensa nun Pontevedra que só pensa xa na permanencia
Por Diego Espiño |
-
O Oviedo B prolonga o estado de depresión dun Pontevedra negado de cara ao gol que segue sen gañar no 2020 (0-1)
Por Manu Otero & Diego Torrado |