O Torneo de Seleccións Autonómicas de Minibasket, convertido nun clásico
Por Redacción
Converteuse xa nunha cita clásica no calendario do baloncesto autonómico e este ano non será menos.
Marín acollerá o sábado 22 e o domingo 23 de febreiro o sétimo Torneo de Seleccións Autonómicas de Minibasket, tanto en categoría masculina como feminina.
A competición contará cos equipos de Galicia, Asturias, Euskadi e Castela-Léon.
O torneo feminino desenvolverase integramente no pavillón da Raña, mentres que a masculina terá como sede o pavillón do Colexio San Narciso.
Esta cita, de carácter amigable, supoñerá unha previa para o Campionato de España Infantil Feminino que se celebrará na vila marinense do 7 ao 13 do próximo mes de xuño.