Xadrez: I PonteCampus e I Torneo Internacional Cidade de Pontevedra
Por Redacción
Do 1 de Agosto ao 15 levarase cabo en Pontevedra, nas instalacións do Casino Mercantil en Mourente, o primeiro campus de xadrez que inclúe ademais o torneo internacional Cidade de Pontevedra.
Esta é unha magnífica ocasión de aprender moito xadrez e complementar con distintas actividades lúdicas e deportivas.
O criadeiro de adestradores é:
- Gran Mestre Manuel Pérez Candelario, que moitos xa coñecen, é o analista do xenial Alexei Shirov
- Mestre Internacional Daniel Rivera Kuzawka, adestrador de diferentes promesas do xadrez español.
- Mestre Internacional Pablo García, Campión Galego en distintas categorías
- Mestre Fide e adestrador nacional Iván Cabezas
- Adestradora Nacional Jelena Kolar
Tamén é moi probable que se inclúa nalgunha clase especial ao Gran Mestre de Serbia Dragan Barlov.
No campus do 1 ao 8 haberá unha forte preparación xadrecística con este gran plantel, tamén se fará un traballo individual de cada un para encontrar defectos e poder mellorar en todos os aspectos xadrecísticos.
Do 9 ao 15 comeza o torneo Internacional, que supón será moi forte xa que pecha o circuíto galego, onde o traballo específico será a preparación a fondo de cada partida e logo a análise desta, da mellor forma para que aprendan de que xeito se debe analizar unha partida e todo o que podemos aprender desta.
Os niveis e idades non importan, xa hai un grupo de pequenos e outro de sub 14 e sub16, e hai adestradores para todos. Todos traballarán e aprenderán de cada mestre.