A Gimnástica, sen fortuna no Campionato de España Sub-23 de atletismo
Por Redacción
Tres atletas da Sociedad Gimnástica de Pontevedra participaron a fin de semana en Salamanca no Campionato de España Sub-23 de Pista Cuberta con resultados dispares.
O primeiro en entrar en acción foi Diego Casas, que viña de mellorar o seu mellor rexistro persoal en disco nun control de marcas (56.06 metros) afianzándose para a Copa de Europa para a que xa está clasificado. Con todo no Campionato tivo que retirarse do concurso de lanzamento de peso tras lesionarse no quecemento. Aínda así tentou competir cun mellor lanzamento de 14.39 metros.
Despois chegaría a quenda das probas de velocidade, empezando polos 60 metros lisos nos que Claudia Torres (7.93 segundos) e Lucía Ferrer (7.92) estiveron nos seus mellores tempos, pero non lles bastou para superar a fase preliminar.
Tampouco o conseguiu Ferrer nos 60 valos (9.01 segundos) a pesar de bater a súa mellor marca persoal, pero si Claudia Torres nos 200 metros lisos, pasando a semifinais cun tempo de 25.59 segundos. Con todo non puido mellorar na semifinal quedando fóra da loita polas medallas.
CONTROL DE MARCAS
Pensando precisamente nos campionatos nacionais, a Gimnástica organizou o pasado sábado 15 de febreiro un control de marcas no Centro Galego de Tecnificación Deportivo que resultou moi positivo, xa que David de la Fuente conseguiu a marca mínima para o Campionato de España Absoluto en Pista Cuberta nos 800 metros cun tempo de 1:51.71, mentres que Paula da Torre fixo o propio na mesma distancia pero na categoría Sub-20.
A pista de atletismo do CGTD foi ademais escenario do Campionato Galego de Lanzamentos Longos, conseguindo o club pontevedrés un total de 8 medallas, destacando o ouro de Víctor Gallego en disco e de Claudia Puig, no seu caso en categoría sub-23.
Relacionadas:
-
Pamplona e Vigo, sedes para os primeiros encontros de liga da Gimnástica
Por Redacción |
-
15 medallas e 5 mínimas nacionais, balance da Gimnástica no Campionato Galego en Pista Cuberta
Por Redacción |
-
Diego Casas, da Gimnástica á Copa de Europa de Lanzamentos
Por Redacción |
-
Antía Chamosa, da Gimnástica, proclámase campioa da 31 edición do Campionato de Marcha en Ruta
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Dous neumotórax apartan ao marchador Daniel Chamosa da competición
Por Manu Otero |
-
A Sociedad Gimnástica iniciará a súa carreira pola permanencia na División de Honra o 25 de abril
Por Redacción |