Un gol temperán condena o Pontevedra B na cancha do Areas (3-2)
Por Redacción
Difícil reto o que afrontaba o filial do Pontevedra esta semana. Os granates visitaban o feudo do Areas, aspirante ao ascenso a Terceira División, e o partido púxose costa arriba desde o principio polo tanto anotado por Borja Zamorano no primeiro minuto de xogo.
O choque complicouse aínda máis á media hora de xogo cando Víctor Vázquez duplicou a renda local. Aínda así, o Pontevedra B seguiu loitando e logrou recortar diferenzas ao fío do descanso por medio de Diego Rodríguez.
Tras a continuación, ambos os equipos tiveron opcións de anotar pero foron os locais os que sentenciaron o choque no minuto 67 grazas ao tanto dun inspirado Vïctor Vázquez. Co duelo xa decidido, os granates maquillaron o resultado no tempo de desconto co gol de Jose Blanco.
Máis contundente foi a vitoria do líder da categoría, o Ribadumia, que goleou a domicilio ao cuarto clasificado, o Vilalonga, con goles dous goles de Hugo Soto e un de Rubén González.
No lado oposto da táboa, terceiro pola cola pero cun partido menos, queda o Portonovo que perdeu en Baltar por 2 a 3 contra o Céltiga. Os locais adiantáronse no mercador, pero o Céltiga, tamén metido na pelexa polo playoff de ascenso, logrou voltear o marcador. Aínda así, o cadro arlequinado repúxose e empatou o partido pero no minuto 90, Pablo Santiago deu os tres puntos aos visitantes.
De goleada perdeu o Beluso no seu propio campo fronte ao Barbadás (1-4) e sen goles acabou o duelo entre o Xuventú Sanxenxo e o Juventud Cambados.
Relacionadas:
-
Nova derrota para o Pontevedra B en casa do Moaña (3-2) e o Xuvenil de Ponteareas golea o Vilalonga por 2-6
Por Redacción |
-
Repartición de puntos entre o Pontevedra B e o Atios (1-1) na Xunqueira
Por Redacción |
-
O Pontevedra B déixa os tres puntos ante o Mondariz (0-1) e o Vilalonga perde o liderado tras caer contra o Gran Peña (0-1)
Por Redacción |