Támara Echegoyen e Paula Barceló cólganse o ouro mundial e presentan a súa candidatura aos Xogos Olímpicos

Por Redacción

© Sailing Energy
Semana estelar para o 49er FX de Támara Echegoyen e Paula Barceló que concluíu este sábado a súa participación no mundial celebrado en Australia no máis alto do podio, coa medalla de ouro no seu peto e demostrando un excelente estado de forma que esperan manter ata os Xogos Olímpicos do próximo verán en Tokio, no que España aínda debe confirmar a tripulación do barco que xa teñen clasificado.
O tándem galego balear dominou o campionato de principio a fin. Tras suspenderse a primeira xornada por refachos de vento de máis de 30 nós, as regatistas do Movistar estrearon a seu marcador o martes ao terminar en terceira posición. Desde entón, a tripulación xa non se descolgou nunca das posicións de podio e chegaron á última xornada en segunda posición a só dous puntos das primeiras clasificadas.
Este sábado tivo lugar a decisiva medal race na que participaron as dez mellores embarcacións. O dúo non fallou, asinou un quinto posto e aproveitou o envorco das británicas Charlotte e Saskia para asaltar a primeira posición.
"Estamos felices. Acabamos de conseguir o campionato do mundo e foi un Mundial súper rifado no que tivemos que dar o mellor de nós”, explicou Echegoyen. “Xa dixeramos despois de gañar o Campionato de Oceanía que sentiamos moi cómodas na auga. Afrontamos cada día do Mundial dando o mellor de nós e finalmente puidémonos levar ese ouro tan prezado", continuou a galega.
Con este novo ouro mundial de Echegoyen e Barceló, o equipo Movistar suma o seu título intercontinental número 52 en 20 anos de historia. É, ademais, o último Mundial para a frota de 49 er FX antes dos Xogos. “Somos moi realistas, sabemos que hai puntos que mellorar e moito traballo por diante. O bo é que hai moita motivación e este Mundial dános un impulso para non relaxarnos e seguir traballando para poder ser mellores”, engadiu la pontevedresa coa vista posta en Tokio
Relacionadas:
-
Histórico ascenso do Cisne a Asobal e unha infinidade de competicións suspendidas no ano da covid-19
Por Manu Otero |
-
VÍDEO.- Támara Echegoyen, recluída co equipo preolímpico de vela no CEAR de Santander
Por Diego Espiño |
-
Oficial: Támara Echegoyen gaña a súa praza nos Xogos Olímpicos de Tokyo
Por Redacción |
-
O Mundial entra na súa fase final con Támara Echegoyen e Paula Barceló na pelexa polo ouro
Por Redacción |
-
Echegoyen e Barceló consolídanse na segunda praza e reforzan as súas opcións de pelexar polo título mundial
Por Redacción |
-
Támara Echegoyen e Paula Barceló inician o Mundial con bo pé e anuncian batalla pola praza olímpica
Por Redacción |
-
Támara Echegoyen vence no Campionato de Oceanía e mira cara o Mundial
Por Redacción |