Partido "trascendental" para o Teucro e nova proba á ilusión do Cisne
Por Diego Espiño
Dobre ración de balonmán a deste sábado en Pontevedra coa Sociedad Deportiva Teucro e o Club Cisne pelexando por obxectivos opostos na División de Honra Prata.
Con urxencias chega o Teucro despois de tres derrotas consecutivas que lles colocaron no posto de promoción pola permanencia e ao bordo do descenso. Os azuis recibirán no Pavillón Municipal dos Deportes (20:30 horas) o Torrelavega, actual cuarto clasificado.
"Con los últimos resultados se convierte en un partido trascendental para nosotros", sinala Luís Montes recoñecendo o mal momento polo que atravesa o seu equipo, polo que "necesitamos que la dinámica cambie y a empezar a ganar ya puntuar en el Municipal", onde este curso está a custarlles callar boas actuacións. Todo iso ante un rival que "posiblemente no sea el más propicio" para iso.
O técnico perde para a cita a Vicente Poveda por unha lesión de nocello.
Pola súa banda o Club Cisne será o encargado de abrir fogo ás 17:30 horas no Centro Galego de Tecnificación Deportiva recibindo ao recentemente ascendido Cajasur CBM, undécimo da táboa.
Os de Jabato, que salvaron un punto a pasada semana en Cidade Real, buscan non só manter unha semana máis a súa posición de privilexio no liderado, senón tamén conservar a importante renda de cinco puntos co segundo que lles fai soñar máis que nunca co ascenso de categoría.
"A pesar de ser un recién ascendido se ha reforzado muy bien, con jugadores que conocen la categoría como Juanlu o Padilla. Han competido muchos partidos, quizás se le han escapado puntos en los últimos minutos en encuentros que tenían encarrilados, como por ejemplo en el de ida nuestro, que nos lo llevamos en el último segundo", sinala sobre o duelo Quiños como aviso para evitar a relaxación dos xogadores cisneístas.
Relacionadas:
-
Nin a heroica lle funciona ao Teucro, ao que outra mala primeira parte condénao a unha nova derrota (26-28)
Por Manu Otero |
-
O Cisne supera o Cajasur e os seus problemas de puntería para volver á senda das vitorias (25-17)
Por Manu Otero |
-
Un partido da Selección Española de balonmán, prato forte dos actos de 75 aniversario do Teucro
Por Diego Espiño |
-
O Teucro séguese afundindo tras caer con claridade contra o Villa de Aranda (28-23)
Por Almu Dapena |
-
O Cisne salva un punto no último minuto no fortín do Alarcos (30-30)
Por Almu Dapena |