O montañeiro pontevedrés Abel Alonso conquista o seu primeiro oito mil
Por Redacción
"El G1 cayó!!", Con estas tres palabras confirmaba Abel Alonso ás tres da tarde do domingo 21 de xullo que fixera cumio no Gasherbrum I, o Hidden Peak, xunto aos seus compañeiros Xavier Gutiérrez e Álvaro Paredes.
Alfredo García e David López déranse a volta a escasos cen metros do cumio polo esgotamento e as malas condicións climatolóxicas.
O montañeiro pontevedrés conquistou a undécima montaña máis alta do mundo con 8.068 metros situada na cordilleira do Karakorum, en Paquistán.
Espérase que os expedicionarios unha vez de regreso no campo un, situado a uns 6.000 metros de altitude, decidan se afrontan a ascensión do Gasherbrum II (8.035 metros). Os dous picos están moi próximos e comparten un bo treito da vía de ascensión.
Relacionadas:
-
"Escasas" posibilidades de rescatar con vida ao alpinista pontevedrés Abel Alonso e os seus dous compañeiros
Por Redacción |
-
Preocupación ante a falta de noticias do alpinista Abel Alonso tras facer cume nun 'oito mil'
Por Oskar Viéitez |
-
Abel Alonso, o reto de pisar un cumio de 8.000 metros
Por Diego Espiño |