A Illa das Esculturas repite como sede da carreira popular 8K do Lérez
Por Redacción
Un dos lugares máis utilizados polos pontevedreses para facer deporte, a Illa das Esculturas, será escenario de novo dunha carreira popular.
Trátase da carreira 8K do Lérez, que na súa terceira edición celebrarase o domingo día 1 de marzo.
Será unha proba apta para todos os públicos, cun percorrido sen apenas desnivel que combinará pistas de terra e zonas de asfalto.
A saída e a meta estará colocada xunto á pasarela peonil que cruza o río, desde onde partirá un circuíto de 4 quilómetros coa posibilidade de completar unha ou dúas voltas (4-8 quilómetros).
As carreiras de categoría inferiores está previsto que se celebren a partir das 11:15 horas dfe a mañá, mentres que a proba de adultos se disputará ás 12:00 horas.
Será posible inscribirse na carreira popular 8K do Lérez ata o próximo 27 de febreiro abonando unha cota de 7 euros no caso dos deportistas sénior.