A escalada ábrese oco no deporte base da cidade
Por Redacción
A escalada consolídase como unha das opcións de deporte de base no municipio.
Así se esforza en demostralo o Club Aromon Pontevedra, que vén de participar na primeira proba da tempada na Copa Galega de Escalada Base celebrada na localidade de Ourense.
Fíxoo ademais con notables resultados, empezando polo máis pequeno do grupo, o alevín Tiago Carballo, que finalizou terceiro na súa categoría.
Ademais Paula Remiseiro foi segunda en idade xuvenil e Xandre Beloso foi cuarto na final da súa categoría tras ser primeiro na rolda clasificatoria.