Teucro e Cisne saen á caza de dous puntos en feudos inexpugnables
Por Manu Otero
Un só deixou escapar tres puntos e o outro só cedeu unha derrota. Son as cartas de presentación dos dous rivais do Teucro e Cisne desta semana que buscarán a vitoria fronte a Villa de Aranda e Alarcos este sábado a partir das 19 e 18.30 horas respectivamente.
"Será un partido duro en casa do segundo clasificado, é un equipo potentísimo e estamos nunha situación delicada despois de dúas derrotas, o que fai que necesitemos imperiosamente gañar e sacar puntos", declarou o adestrador teucrista Luís Montes antes de viaxar a Burgos.
Con menos urxencias viaxa o outro equipo da cidade. O Cisne visitará desde o máis alto de táboa ao Alarcos de Ciudad Real, que só perdeu na súa cancha fronte ao Teucro. "Aínda que está a ter unha tempada con altibaixos, é un equipo que cando está ben en defensa nótase moito", advirte o segundo adestrador do conxunto branco, Marcos Otero.
Ambos os corpos técnicos son conscientes do perigo dos seus rivais. Así como Luís Montes destaca a fortaleza do centro da defensa burgalesa, Otero destaca a velocidade dos seus extremos nas accións de contraataque.
No Teucro terá a oportunidade de sumar os seus primeiros minutos o pivote recentemente chegado Caue, mentres que no Cisne están todos os xogadores ao dispor do técnico Jabato.
Relacionadas:
-
O Teucro séguese afundindo tras caer con claridade contra o Villa de Aranda (28-23)
Por Almu Dapena |
-
O Cisne salva un punto no último minuto no fortín do Alarcos (30-30)
Por Almu Dapena |
-
O Teucro confirma a fichaxe do brasileiro Caue Herrera
Por Redacción |
-
O Cisne sofre pero leva o derbi contra o Atlético Novás (21-19)
Por Almu Dapena & Diego Torrado |
-
O Teucro non levanta cabeza e cae en casa ante o Málaga (23-27)
Por Almu Dapena & Diego Torrado |