O Team Thunder amplía as súas miras e leva o boxeo a Bueu

Por Redacción
O boxeo súmase desde este mesmo mes de febreiro á oferta deportiva de Bueu da man do Team Thunder.
O club marinense, co apoio do Clube de Loita Do Morrazo, amplía as súas miras e empezará este mércores día 5 a impartir clases no pavillón municipal Pablo Herbello.
As leccións correrán a cargo dos deportistas e adestradores Aarón González e Mario Peteiro. O primeiro, ademais de campión de España, é adestrador nacioanl, mentres que Mario conta con máis de 30 combates ás súas costas e é monitor e técnico de nivel I acreditado pola Xunta de Galicia.
As clases de boxeo impartiranse os mércores e venres a partir das 19:00 horas para todos os niveis e coa posibilidade de adestrar con ou sen contacto.
O Team Thunder chega desta forma ao seu terceiro municipio, tras as actividades que vén realizando nos últimos anos en Marín e Sanxenxo.
Relacionadas:
-
O Team Thunder de boxeo expande a súa actividade a Pontevedra
Por Redacción |
-
Récord de participación na terceira xornada de liga galega infantil de boxeo celebrada en Marín
Por Redacción |
-
Positivo inicio de liga para o Team Thunder
Por Redacción |
-
Boxeo para todas as idades en Marín co Campionato de España de Formas
Por Redacción |
-
Amancio Martínez, do Team Thunder, ao campionato de España de categoría xuvenil
Por Manu Otero |
-
Aarón González retoma a competición cunha concentración en Andalucía
Por Redacción |