O Peixe Galego vence o Granada e pon fin á súa mala serie (80-72)
Por Almu Dapena & Diego Torrado
Chegou a vitoria para o Peixe. Despois de varios partidos dando unha boa imaxe ante rivais de altura, os de Marín saltaron á cancha do pavillón da Raña para enfrontarse ao Covirán Granada. Aínda que durante os primeiros minutos o dominio do encontro foi dos andaluces, os locais reaccionaron a tempo e reencontráronse coa vitoria.
Comezou anotando o Peixe Galego desde a liña de tres. Jacobo Díaz foi o encargado de encestar o primeiro ataque dos seus, pero os posteriores erros nos lanzamentos permitiron ao Granada conseguir un colchón de 9 puntos de diferenza que foron recortados antes de que finalizase o primeiro cuarto (16-21).
O segundo supuxo o punto de inflexión. Os locais conseguiron remontar, pero o seu rival respondeu para chegar ao descanso co partido ao seu favor (32-36).
Despois do paso polo vestiario, a igualdade continuou. O Peixe seguía de cheo no partido igualando cada canastra do Granada pero con dificultades para adiantarse no marcador, chegando así ao último cuarto con todo por decidir (51-56).
Chegábase aos minutos definitivos e os de Marín sabían o moito que se xogaban. Cun parcial de 5-0 grazas ás canastras de Jacobo Díaz e Niang, volvían igualar o partido. Os andaluces responderon, pero ao chegar ao ecuador do último cuarto, foi o Peixe o que comezou a dominar. Badmus e Saunders apareceron para poñer aos seus por diante no marcador e así encarrilar a vitoria que tanto tardou en chegar (80-72), a terceria da tempada.
Consulta as estatísticas do Peixe Galego- Covirán Granada na seguinte ligazón.
Relacionadas:
-
Oportunidade perdida do Peixe Galego para engancharse á loita pola permanencia e meter nela ao Huesca (59-64)
Por Manu Otero |
-
Orellano, dúbida nun Peixe Galego que busca ante o Huesca a súa cuarta vitoria do curso
Por Redacción |
-
O Peixe Galego tira ao lixo o último cuarto e cae ante o Guipúscoa (94-66)
Por Almu Dapena |
-
Duelo de altura para un motivado Peixe Galego en Guipúscoa
Por Manu Otero |
-
Canastras pola inclusión no pavillón da Raña
Por Redacción |
-
O Peixe Galego segue en liña ascendente pero é incapaz de gañar en Cáceres (95-89)
Por Manu Otero |
-
O Peixe Galego domina pero cede no último cuarto ante o líder, o Valladolid (69-75)
Por Diego Torrado & Almu Dapena |
-
Desastre tras o descanso do Peixe Galego que lle deixa sen opcións ante o HLA Alicante (65-97)
Por Diego Espiño & Cristina Saiz |