O Arxil encarrila a permanencia tras vencer o Avilés por 67-52
Por Almu Dapena & Diego Torrado
O Centro Galego de Tecnificación Deportiva abriuse, por segunda fin de semana consecutiva, para celebrar o encontro decisivo para a permanencia do Arxil en Liga 2. O club pontevedrés, que viña de superar ao Pozuelo, aproveitou o factor cancha e o apoio da súa afección para vencer ao Avilés por 67-52.
Durante o inicio do encontro a igualdade mantívose. Comezaron encestando as asturianas, e o Arxil respondeu da mesma maneira con canastra de Forster, protagonista durante os primeiros minutos anotando 6 dos 8 puntos das locais (8-4). O Avilés conseguiu responder e dar a volta ao marcador para poñerse con tan só un punto de diferenza, que enseguida foi respondido polas verdes para chegar ao final do primeiro cuarto co marcador a favor (19-16).
No segundo, o Arxil pisou o acelerador. María Lago anotou desde a liña de tres e puxo ás súas coa maior vantaxe ata o momento, que se ampliou cando se chegaba ao ecuador (36-20). Con todo, a pesar da vantaxe, os últimos minutos antes de chegar ao descanso foron malos para as locais, que anotaron só 2 puntos e viron como o seu rival recortaba distancias (38-28).
O intermedio non sentou moi ben ás de Mayte Méndez, que xogaron o seu peor cuarto e permitiron ao Avilés meterse no partido antes de chegar aos últimos 10 minutos de encontro nos que calquera podía levar o partido (51-43).
O Arxil sabía o moito que se xogaba e saíu a por todas. A bancada estaba envorcada en apoiar ás xogadoras, e estas souberon responder. María Lago con 17 puntos, e Carla Fernández con 16, foron as encargadas de levar ao seu equipo cara á prezada vitoria e con ela, saír dos postos de descenso.
Consulta as estatísticas do CB Arxil-Avilés na seguinte ligazón.
Relacionadas:
-
Vitoria de gran valor para o Arxil sobre o Barakaldo (69-46)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
O Arxil pelexa ata o final pero non pode co Añares Rioja (74-68)
Por Almu Dapena |
-
Contundente derrota do Arxil fronte ao Patatas Hijolusa (50-75)
Por Redacción |
-
Un competitivo Arxil cae ante o líder, o Estudantes (73-50)
Por Redacción |
-
O Arxil reencóntrase coa vitoria á conta do Pozuelo (70-51)
Por Almu Dapena & Diego Torrado |
-
Mal comezo da segunda volta para o Arxil que cae na súa visita ao Celta (80-61)
Por Redacción |
-
O Arxil encara a segunda volta de liga coa necesidade de sumar vitorias
Por Redacción |