Dous neumotórax apartan ao marchador Daniel Chamosa da competición
Por Manu Otero
"O importante agora é a saúde", insiste o marchador da Sociedad Gimnástica, Daniel Chamosa despois de ter que pasar polo quirófano para ser intervido do segundo neumotórax sufrido nos dous últimos meses.
O atleta, que foi intervido esta semana e recibiu o alta hospitalaria o venres, terá que gardar repouso durante vinte días antes de volver á súa rutina habitual de adestramentos. Os obxectivos deportivos da tempada que está a piques de comezar pasan agora a un segundo plano. "É unha pena porque quería facer un bo papel no Campionato de España de marzo, pero xa non chego", asume.
Sen opcións de clasificarse para os Xogos Olímpicos, "iso está moi complicado" , o marchador centrarase en recuperar a forma para competir nun evento internacional que tendra lugar na Coruña no mes de maio para probarse e plantexar logo novos retos.
"Teño ganas de volver", asegura, pero antes terá que obedecer as recomendacións dos médicos para evitar posibles recaídas. Non é a primeira vez que sofre un episodio deste tipo. "Xa me ten pasado hai catro anos no outro pulmón", lembra.
Esta vez a lesión ocorreu en decembro do 2019 mentres traballaba con pesas no ximnasio. "Foi adestrando, deime un golpe cunha barra e crei que me amolaba a costela", explica o atleta. Poucos días despois, cando xa parecía recuperado "volveu pasar no cinema, sen facer nada", relata sen atopar explicación.
Un neumotórax prodúcese cando o aire fíltrase no espazo que se atopa entre os pulmóns e a parede torácica. O aire fai presión e oprime a parte externa do pulmón xerando dificultades para respirar e unha intensa dor. Moitas veces cura só, pero noutras ocasións é necesario intervir cirurxicamente para evacuar o aire e suturar as bullas, pequenas bochas de aire que se rompen poden provocar esta afección.
Aínda que o neumotórax pode producirse por golpes ou por ser fumador, o simple feito de ser unha persoa alta e de baixo peso, como o marchador pontevedrés, constitúe un factor de risco. Tanto que é a terceira vez que lle sucede.
Relacionadas:
-
O CGTD acolle este domingo o campionato autonómico de marcha
Por Manu Otero |
-
Pamplona e Vigo, sedes para os primeiros encontros de liga da Gimnástica
Por Redacción |
-
15 medallas e 5 mínimas nacionais, balance da Gimnástica no Campionato Galego en Pista Cuberta
Por Redacción |
-
A Gimnástica, sen fortuna no Campionato de España Sub-23 de atletismo
Por Redacción |
-
Diego Casas, da Gimnástica á Copa de Europa de Lanzamentos
Por Redacción |
-
Daniel Chamosa, dominador do Campionato Galego de Marcha
Por Redacción |
-
Antía e Daniel Chamosa, dominadores do Campionato Galego de Marcha
Por Redacción |
-
O atletismo galego ben merece unha festa
Por Redacción |