Un matador antes que un creador

Por Manu Otero
Coa fichaxe do centrocampista ofensivo José García feito a falta de confirmación oficial, o adestrador do Pontevedra, Carlos Pouso, participou o domingo no programa En Xogo da Televisión de Galicia no que respondeu as preguntas de afeccionados e deixou pistas sobre as prioridades e peticións que trasladou á dirección deportiva. Pola falta de gol demostrada nas últimas xornadas e os problemas de xeonllo que sofre Adighibe, o técnico recoñeceu que prefire a chegada dun dianteiro goleador antes que a dun mediocentro organizador.
"No desdeño la posibilidad de que llegue un centrocampista creativo, pero para el último tercio del campo. Prefiero otro Romay, antes que otro Sana, Berrocal o Álex Fernández", declarou o adestrador ao ser preguntado se prefería dichar a un dianteiro ou a un mediocentro.
Non foi a única pregunta que respondeu o preparador biscaíño sobre os seus plans no mercado de fichaxes. Boa parte da afección está ilusionada polas opcións de volver ver a Mario Barco vestido de granate, algo que descartou Pouso ao sinalar que a súa etapa en Pasarón está pechada porque o dianteiro conseguiu subir de categoría e non cre que estea disposto a regresar a Segunda B.
Cuestionado sobre se é necesaria a chegada dun lateral esquerdo, un mediocentro defensivo e un dianteiro; non descartou a chegada de reforzos para ningunha desas demarcacións, aínda que recoñeceu que el ten as súas prioridades e que poderían coincidir coas da pregunta.
Relacionadas:
-
O Pontevedra pecha a fichaxe de Rufo, dianteiro do Internacional de Madrid
Por Redacción | Creada e actualizada
-
O mediapunta José García chega cedido ao Pontevedra ata final de temporada
Por Manu Otero & Cristina Saiz |
-
Churre pide ao equipo "ser máis agresivos e máis malos" para acabar coa falta de gol
Por Manu Otero |
-
José García, primeiro reforzo do Pontevedra no mercado invernal
Por Ramiro Espiño |
-
Carlos Pouso négase a pescar nos seus antigos equipos
Por Manu Otero |
-
Alfredo Mejía vaise e libera unha ficha para pechar un mediocentro
Por Manu Otero |